Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC brinda a súa colaboración á noite aberta do comercio de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC brinda a súa colaboración á noite aberta do comercio de Lugo

Redacción
Publicado: 20/09/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

noiteaberta.jpgA Fundación TIC vai brindar novamente o seu apoio á Noite Aberta 2018, a edición novena do evento lucense para a promoción e impulso do comercio local, impulsada pola Asociación de Autónomas coa colaboración da Deputación e o Concello. Hoxe precisamente foi presentada nos seus detalles, no pazo de San Marcos, a nova entrega do acontecemento, previsto para 28 de setembro e no que se prevé a participación dun centenar de establecementos. Segundo fixo saber o voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos, a Fundación TIC desenvolverá un importante labor de divulgación da festa, tanto a pé de rúa como na Rede e nas redes sociais.
O voceiro do Goberno engadiu que “queremos contribuír á difusión desta cita, para que cada vez máis visitantes e veciños se acheguen a participar da mesma”. Así, a través da TIC gravarase e producirase un vídeo da Noite Aberta, sendo o encargado de facelo o alumnado de Realización do 2º Curso da Escola de Imaxe e Son (EIS). Segundo explicou, “trátase da primeira das numerosas prácticas en escenarios reais que o alumnado da TIC levará a cabo ao longo deste curso”. Santos tamén fixo saber que outro equipo da entidade encargarase dunha reportaxe do evento para a súa difusión a través de Internet”.
Na cita de hoxe, amais de Santos Ramos, tamén participaron a concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto, a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López Yáñez, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López.
En primeiro lugar, encargáronse de explicar en que consiste a Noite Aberta: un acontecemento multitudinario onde a cidadanía poderá gozar de promocións, cátering e música da man dos locais comerciantes participantes. Como novidade este ano á xa consolidada Noite Aberta súmase, para as tendas asociadas, a Semana do Comercio.
Difusión e promoción a través da Fundación TIC
Como dixemos, as alumnas e alumnos de Realización do segundo Curso da Escola de Imaxe e Son (EIS) gravarán o vindeiro venres 28 de setembro a Noite Aberta, que organiza a Asociación de Autónomas de Lugo.
Os estudantes da EIS, baixo a supervisión de docentes e técnicos da TIC, filmarán e fotografarán o desfile de moda. O equipo realizará a gravación con catro cámaras, e posproducirán un vídeo coas imaxes. Segundo informa a Deputación de Lugo, trátase da primeira das numerosas prácticas en escenarios reais que o alumnado da TIC levará a cabo ao longo deste curso, dentro dos módulos de realización de Televisión e de Montaxe e Posprodución. Ademais, un equipo da TIC realizará unha reportaxe da festa do comercio lucense para a súa difusión a través de Internet.
A Fundación TIC comprométese coas iniciativas que promoven a actividade comercial e aos autónomos da provincia. A colaboración que mantén coa organización da Noite Aberta súmase á da Feira Outlet e o Mercado na Rúa Street Market, ao abeiro do convenio asinado coa Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?