Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GIRL STEM, unha iniciativa para derrubar os estereotipos de sexo na tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GIRL STEM, unha iniciativa para derrubar os estereotipos de sexo na tecnoloxía

Redacción
Publicado: 20/09/2018
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

girl_stem_01.jpgA Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), queren reducir a fenda entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino apenas se sitúa en torno ao 30%. Para iso, poñen en marcha o programa GIRL STEM: derrubando estereotipos, que se desenvolverá nas sete grandes cidades galegas durante os meses de setembro e outubro.
Trátase dun programa de mentoring con mulleres referentes de recoñecido prestixio que, a través de diferentes sesións de traballo, achegarán a súa experiencia ás máis novas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos. Desde o 21 de setembro ata o 19 de outubro haberá diversos encontros entre rapazas da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato e mulleres tecnolóxicas referentes nos seus sectores.
O obxectivo do programa consiste en orientar e empoderar ás rapazas con charlas inspiradoras destas directivas e investigadoras que lles falarán do seu traballo, para animar ás máis novas a escoller, se o desexan, titulacións STEM. Este programa forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola AMTEGA.
Ademais dos encontros con mulleres referentes, levaranse a cabo outras sesións de sensibilización en institutos, nas que se proxectarán vídeo-testemuñas e tamén se desenvolverán charlas e dinámicas abertas á participación de distintos colectivos con implicación na orientación vocacional das nenas (profesorado, departamentos de orientación, familias, así como nenos e nenas).

Contidos
  • Mulleres líderes en Ciencia e Tecnoloxía
    • Edita de Lorenzo (21 de setembro en Ourense)
    • Montserrat Guardia (28 de setembro en Pontevedra)
    • Julia Bernal (19 de outubro na Coruña)
  • Poñendo datos á fenda entre mulleres e homes no ámbito STEM

Mulleres líderes en Ciencia e Tecnoloxía

Na selección das mulleres referentes tívose en conta a súa actividade profesional no ámbito TIC, valorando aspectos como a notoriedade da súa traxectoria, así como a súa repercusión mediática, o seu liderado e participación en proxectos innovadores e habilidades para a motivación grupal. As escollidas finalmente son importantes figuras da Ciencia e a Tecnoloxía galega e española.

Edita de Lorenzo (21 de setembro en Ourense)

girl_stem_02.jpgProfesora e doutora en Enxeñería de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, foi a primeira muller en dirixir unha escola de enxeñería en Galicia, entre outros importantes logros, como é a súa investigación sobre a aplicación de técnicas de radar de superficie ao problema da detección de cancro de mama, o impulso do dominio .gal (é a secretaria xeral da Asociación PuntoGal) e a fundación, xunto a outras mulleres, da sección española do WIE (Women in Engineering), que forma parte da Asociación IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineering).

Montserrat Guardia (28 de setembro en Pontevedra)

girl_stem_03_detalle.jpgÉ a directora de Servizos Dixitais do Banco Sabadell, a quinta entidade financeira más grande de España. Acumula máis de 20 anos traballando en novas tecnoloxías e participando na transformación dixital de grandes compañías, como Technip, SchlumbergerSema, e de grandes eventos, como os Xogos PanAmericanos 2007 e o Mundial de Fútbol de 2002. Ademais, é unha gran experta en blockchain, unha das tecnoloxías que maior impacto social terá nos próximos cinco anos, un ámbito no que desenvolve un papel moi activo a través da presidencia da Quantum Blockchain Alliance e a vicepresidencia do consorcio Alastria.

Julia Bernal (19 de outubro na Coruña)

girl_stem_04.jpgÉ a directora xeral de Red Hat en España e Portugal desde xaneiro de 2017. Ten máis de 25 anos de experiencia no sector das tecnoloxías da información (TI) e ocupou numerosas posicións técnicas e de liderado en xigantes tecnolóxicos como HP, Sun Microsystems e Oracle. Debido ao seu cargo en Red Hat no mercado ibérico, é unha das directivas máis importantes de España, xa que compañía norteamericana é a maior empresa provedora de solucións de código aberto (open source) empresarial do mundo, cun valor en Bolsa superior aos 25.000 millóns de dólares e uns ingresos anuais de case 3.000 millóns.
Tamén se celebrará unha xornada de referentes en Lugo, da cal están pendentes por confirmar algúns detalles organizativos dos que se informará proximamente.

Poñendo datos á fenda entre mulleres e homes no ámbito STEM

As mulleres supoñen o 55% das persoas que estudan nas universidades galegas pero, tal e como destaca a Xunta no seu VII Plan Estratéxico de Galicia para a Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, esta distribución non é uniforme segundo as ramas de coñecemento. A presenza de mulleres é moi elevada nas Artes e nas Humanidades, nas Ciencias Xurídicas e Sociais e, en especial, nas Ciencias da Saúde, nas que preto de 3 de cada 4 estudantes son mulleres.
Polo contrario, a proporción de mulleres é significativamente inferior entre o alumnado das enxeñerías e Arquitectura, por debaixo do 30%. De feito, nos últimos 15 anos, a proporción de mulleres estudantes en enxeñerías e Arquitectura pasou do 33,1% ao 28,1% do total, cinco puntos menos. No conxunto do Estado, esa porcentaxe aínda é inferior, do 25,5%.
Datos algo menos recentes corroboran este escenario en Galicia: en 2012 (últimos datos que facilita o Instituto Galego de Estatística), por cada 1.000 persoas entre 20 e 29 anos había 16,7 graduados e graduadas en educación superior en ciencias, matemáticas e tecnoloxía, con un significativo diferencial de sexo: 12,1 mulleres, fronte a 21,1 homes. Esta fenda é máis alarmante se se ten en conta que, no período 2005-2008 a diferenza entre mulleres e homes situábase en torno aos 7 puntos porcentuais, polo que o desapego das mulleres polas carreiras STEM foi en aumento.
A reducida presenza de mulleres nas carreiras STEM preocupa porque inflúe de forma decisiva no desempeño profesional posterior. A ocupación de mulleres en profesións de tecnoloxía media e alta é do 28,4% e tamén son minoría (40,6%) nos postos de traballo dedicados á I+D. Polo tanto, estes datos poñen de manifesto a importancia que ten a eliminación dos estereotipos de sexo imperantes na sociedade e que condicionan a elección de estudos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?