Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As utilidades da mercadotecnia dixital no turismo, ao detalle en Celanova
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As utilidades da mercadotecnia dixital no turismo, ao detalle en Celanova

Redacción
Publicado: 28/09/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rf_xornada_marketing_dixital.jpgEste 27 de setembro a Casa dos Poetas de Celanova acolleu a celebración dunha xornada sobre novas tendencias de mercadotecnia dixital no eido turístico galego. A xeira de traballo e debate, organizada polo Grupo Colmeiro, contou coa colaboración da Deputación de Ourense. Os encargados de inaugurala foron o vicepresidente da dita entidade provincial, Rosendo Fernández; o catedrático de Facenda Pública da USC e coordinador do Grupo Colmeiro, Luis Caramés; e o alcalde de Celanova, José Luís Ferro. A cita coincidiu no tempo cunha celebración que lle tocou de preto: o Día Mundial do Turismo.
Na xornada, o rexedor de Celanova lembrou que as novas tecnoloxías, a cultura e o turismo están a dar froitos interesantes no municipio, da man da colaboración do seu equipo coa Deputación. Consecuencia disto é o traballo xerado arredor da novela Arnoia, Arnoia de Méndez Ferrín, que serve de base a un proxecto “para elaborar o primeiro videoxogo baseado nunha obra literaria galega e ao mesmo tempo deseñar unha proposta de visita con realidade aumentada polas terras de Celanova asentado nos principios dese videoxogo”, explicou.
A xornada ofreceu aos asistentes solucións para que as empresas sexan quen de traballar cos datos que proporcionan as ferramentas de mercadotecina dixital e que, en base a eses datos, poidan elaborar plans de marketing en liña máis efectivos. Durante a xornada, os expertos analizaron con casos prácticos as novas tendencias no devandito eido e mostraron aos asistentes solucións que lles permitan ás empresas competir mellor e chegar ao consumidor dunha maneira máis directa.
Luís Caramés dixo que, tendo en conta que “os consumidores de turismo actualmente son sobre todo dixitais”, isto guinda novos retos ás empresas turísticas, polo tanto é “importante coñecer esas tendencias para adaptarse mellor á oferta, empregar ferramentas de mercadotecnia dixital e levar a cabo plans de dixitalización da oferta turística, porque a demanda está a transformar a natureza do consumidor de turismo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?