Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC, presentes na campaña da Deputación da Coruña para promover o galego na mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC, presentes na campaña da Deputación da Coruña para promover o galego na mocidade

Redacción
Publicado: 01/10/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_coruna_galego_mocidade.jpgAs novas ferramentas dixitais (redes sociais, móbiles e demais) van ter especial protagonismo na nova campaña da Deputación da Coruña para promover o uso do galego entre as novas xeracións, nas aulas, o programa #ogalegoamiñalinguapropia. O programa, en activo dende o primeiro día do actual curso académico, diríxese a enganchar á mocidade galega co lingua de seu a través dos camiños abertos por persoeiros referenciais dos mundos da música, o deporte, o grafite ou (precisamente) as novas tecnoloxías da información. A iniciativa chegará a centros de ensino de 43 concellos con máis de noventa actividades. Participarán directamente máis de tres mil mozas e mozos.
A vicepresidenta e responsable da área das áreas de Lingua e Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, presentou hoxe os principais detalles do programa e fixo balance do acadado nas accións previas. Estivo acompañada do músico Xurxo Souto, a poeta Antía Otero, a actriz Paula Carballeira, a artista Laura Romero, o actor Lois Blanco, a música MJ Pérez, a poeta e contadora Lucía Aldao ademais de Sino Seco de Fabaloba e Emi Candal de Urdime.
Segundo fixo saber a vicepresidenta, o programa chega mañá a Santiago cun obradoiro de MJ Pérez. Previamente, xa houbo xeiras de traballo (40 actividades) a primavera pasada nos seguintes concellos: Outes, Santa Comba, A Baña, Betanzos, Narón, Fisterra, Carral, Cerceda, Miño, A Coruña, Oroso, Frades, Melide, Rianxo, Rois, Abegondo, Arteixo, Ames, Arzúa e Cee.
Goretti Sanmartín tamén fixo un percorrido polos obxectivos dos encontros coas nenas e nenos: “Pór en valor que temos un idioma propio, persuadir a mocidade para que incorpore o galego á súa vida cotiá, reafirmar o uso da lingua naqueles mozos e mozas que usan a lingua galega só nalgúns contextos, crear demanda de falantes de galego, promover a sensibilización idiomática e fomentar unha actitude positiva dos e das adolescentes fronte á lingua”.
A vicepresidenta engadiu que na primeira etapa da iniciativa participaron de forma directa 1.417 alumnas e alumnos e o cálculo de participación indirecta supera neste momento as 7.000 persoas: co impacto en redes, medios de comunicación e mozas e mozos dos centros de ensino que sen ter concorrido directamente das actividades si o fixeron coa chegada da comunicación directa aos seus centros de ensino.
No mes de decembro a campaña rematará despois de desenvolver 91 actividades en centros de ensino de 43 concellos da provincia: A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía.
Participan nas actividades persoas que desenvolven a súa traxectoria no ámbito da música, audiovisual, novas tecnoloxías, teatro, deporte, grafite ou poesía como Paula Carballeira, Antía Otero, María Yáñez, Leandro Lamas, Gaitafilmes, MJ Pérez, García MC, Monoulius DOP, Davide Salvado, Aldaolado, Xurxo Souto, Fran Cañotas, Irene Lourido, Laura Romero, Lois Blanco Arauxo, A raína vermella, Joane Camborda, Mutante Creativo, Cestola na Cachola ou Rosalía Fernández Rial.
Para quen queira máis información sobre o programa, a Deputación da Coruña ten na súa web cumpridos datos sobre o mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?