A despedida de Plusdede.com pillou a moitos usuarios por sorpresa, pero este peche resultou ser unha simple táctica para evitar á Lei, pois a páxina web volve estar operativa cun simple cambio de nome, respondendo agora a Megadede.
Ao parecer, os responsables terían recibido unha notificación das autoridades, o que espertou temor neles, e optaron en facer un peche preventivo da web, pero tras unha pequena pausa volven como Megadede, conservando os nomes de usuario e contrasinais que arrastraban dende Pordede.com, de xeito que os usuarios poderán continuar a gozar deste servizo, aínda que o proxecto estaría administrado por outras persoas que se terían ofrecido para coller o relevo do proxecto.
Cómpre lembrar que manter contas de usuario neste tipo de páxinas é un risco máis que evidente, como demostra o feito de que as bases de datos de usuarios e contrasinais estean a circular con impunidade entre distintas compañías sen autorización de ningún tipo e sen informar en ningún momento aos usuarios, ou sexa, vulnerando de xeito escandaloso a lexislación en protección de datos de carácter persoal.
Megadede recolle o testemuño de Plusdede
Compartir Este Artigo
