Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros de investigación da UVigo bótanse á rúa para mostrar os seus achados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros de investigación da UVigo bótanse á rúa para mostrar os seus achados

Redacción
Publicado: 01/10/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_centros.jpgOs centros de investigación da Universidade de Vigo están a organizar actividades de divulgación gratuítas para visualizar o seu traballo entre a cidadanía e captar futuro talento. O programa de accións Divulgando ciencia singular comezará o 6 de outubro, mostrando como se traballa e os principais fitos pasados, presentes e vindeiros do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (AtlantTIC), o Centro de Investigación Mariña (CIM) e no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO). As actividades desenvolveranse ao longo dos meses de outubro e novembro.
O obxectivo é facer descubrir “a investigación que se fai na Universidade de Vigo e que o coñecemento que obtemos é útil para o benestar da sociedade”, explicou Belén Rubio, vicerreitora de Investigación na presentación das xornadas de divulgación científica e tecnolóxica, celebrada a semana pasada. De balde e previa inscrición, calquera persoa, tanto adultos como nenas e nenos, poderán participar neste programa, sinalou Rubio na cita cos medios, acompañada polas directoras e directores dos centros de investigación e pola vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama. Rubio, amais do devandito, tamén lembrou que a Universidade de Vigo atópase, segundo a clasificación elaborado por Times Higher Education, entre as mellores 500 institucións nos eidos da enxeñaría, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e mailas ciencias do mar.
O programa de divulgación científica comezará o sábado 6 de outubro no peirao de A Laxe onde o Centro de Investigación Mariña porá un barco, en varias quendas de mañá e tarde, a disposición das persoas, que previamente se inscribisen. A bordo do buque, os participantes poderán presenciar “exemplos de exploración mariña con drons e robots”, amais de ver como se recollen mostras do fondo para logo desembarcalas no peirao da ECIMAT, onde agardará un grupo de traballo de AtlantTIC que fará demostracións sobre toma de medidas e uso de drons en investigación mariña”.
Pola súa banda, baixo o lema CINBIO ConCiencia: Investiga con nós, o Centro de Investigacións Biomédicas colocará unha carpa, o 19 de outubro na rúa do Príncipe en Vigo e ao día seguinte no Paseo de Ourense, onde se desenvolverán obradoiros sobre xenética, nanopartículas bioinformática ou apnea do sono, así como un almorzo saudable. As actividades continuarán no propio centro o 26 de outubro e no Politécnico de Ourense o 27 de outubro, con xornadas de portas abertas.
No caso de AtlantTIC, as actividades desenvolveranse nas instalacións do centro, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, o día 9 de novembro, a través de obradoiros “para achegar cousas que á sociedade lle soa que facemos as e os enxeñeiros de Telecomunicación e que nalgúns casos non son difíciles de entender como as comunicacións por satélite, a manipulación de imaxes, a nova xeración de telefonía móbil 5G”, detallou Carlos Mosquera, director do centro de novas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?