Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As empresas TIC galegas sinalan a dificultade de contratación de persoal con perfís dixitais especializados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As empresas TIC galegas sinalan a dificultade de contratación de persoal con perfís dixitais especializados

Redacción
Publicado: 03/10/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

enquisa_tic_2018.jpgO OSIMGA publica hoxe o Diagnóstico ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2018, informe que sinala que preto do 34% do persoal do sector ten titulación de grao superior ou media e o 27,2% dos empregados posúe ciclos formativos relacionados coas TIC, á vez que sinala que para o 60% das empresas TIC galegas é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC, especialmente pola carencia de candidatos coa formación precisa.
A pesar destas dificultades, o 24,4% das empresas TIC galegas ten previsto contratar novo persoal relacionado co ámbito tecnolóxico nos vindeiros anos, un 4,3% máis que o ano anterior.

Contidos
  • Cifras macroeconómicas do sector TIC positivas
  • Actividades de I+D+i
  • Cara unha Internet móbil e ultrarrápida
  • Madurez tecnolóxica
  • Perspectivas futuras

Cifras macroeconómicas do sector TIC positivas

O número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra de 2.579, o que supón a creación de 142 novas entidades (un 5,8% máis) e mantén a Galicia como a quinta Comunidade Autónoma con maior número de empresas tecnolóxicas.
O sector TIC galego deu emprego a 16.866 traballadores no ano 2017, un 4,8% máis que o ano anterior. O volume de negocio das empresas TIC galegas acadou os 2.643 millóns de euros no ano 2017, cun aumento do 4,8% con respecto ao ano 2016.

Actividades de I+D+i

O estudo sinala que unha de cada tres empresas TIC galegas (o 34%) realizaron actividades de I+D+i durante os 3 últimos años, medrando en 3 puntos porcentuais respecto ao ano anterior. Entre as empresas TIC que realizaron actividades I+D+i, un 65,2% obtivo resultados comercializables. Cabe salientar que se incrementa, tamén, a cooperación entre empresas para realizar actividades de innovación, superando o 20%.

Cara unha Internet móbil e ultrarrápida

Un ano máis increméntase a velocidade de conexión a Internet que teñen contratadas as empresas TIC galegas, de xeito que o 56% posúe xa velocidades superiores a 100 Mbps, un 9,8% que ao ano anterior.
A tecnoloxía de acceso a Internet máis contratada polas TIC galegas é a banda larga móbil, presente en máis da metade das empresas do sector (54,2%) cun aumento do 26,6% no último ano.
En conexión directa co incremento da contratación de banda larga móbil, obsérvase que crece a porcentaxe de empresas de empresas TIC galegas que encargaron un desenvolvemento específico de software para plataformas móbiles (do 12,1% ao 15,5%) e as que ofrecen este servizo (do 28,9% crece ata o 31,1%).

Madurez tecnolóxica

Continúa o incremento dos envíos de facturas electrónicas, acadando o 44% no último ano, un 14,3% máis que o ano anterior. Neste ano tamén aumentaron tanto a dispoñibilidade de ferramentas ERP nas TIC galegas (do 29,8% ao 32,2%), como as ferramentas CRM (do 29,3% ao 31,4%).
A presenza en redes sociais crece ata o 42,4%. Respecto ao comercio electrónico, o 26,1% das empresas do sector vendeu a través de Internet, un 6,1% máis que o ano anterior.
Tres de cada catro empresas TIC galegas (76%) realiza trámites coas administracións de xeito electrónico, 5,5 puntos porcentuais máis que o ano anterior. Ademais, o 63,4% das empresas TIC galegas empregan a sinatura dixital, cun crecemento de 9,9 puntos porcentuais no último ano.
Nesta edición da enquisa ás empresas TIC de Galicia é especialmente significativo o auxe das tecnoloxías Cloud, que facilitan as empresas o uso de recursos compartidos e configurables a través da rede. O 56,3%, emprega servizos Cloud, 12,4 puntos máis respecto ao ano anterior

Perspectivas futuras

Un 45,6% das tecnolóxicas galegas consideran que a súa situación é de consolidación e un 16,7% de expansión. En relación á situación do sector TIC para os vindeiros tres anos, unha de cada tres empresas TIC galegas percibe que a evolución do sector será expansiva nos próximos tres anos (36,4%), e preto da metade considera que a evolución continuará estable (49%).
No apartado de formación, aumenta lixeiramente ata o 32,5% a porcentaxe de empresas do sector TIC que formaron aos seus traballadores en tecnoloxías da información e da comunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?