Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova edición de Reacciona TIC para dixitalizar as PEME galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova edición de Reacciona TIC para dixitalizar as PEME galegas

Redacción
Publicado: 05/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

re-acciona_tic-2.jpgA Xunta de Galicia dá un paso máis a prol da modernización e a innovación tecnolóxica do tecido empresarial galego, poñendo en marcha unha nova edición de Reacciona TIC dentro Programa Reacciona. A iniciativa, froito da colaboración entre a AMTEGA e o IGAPE ofrecerá ás PEME galegas un catálogo unificado de servizos a prezos reducidos orientados a mellorar a súa competitividade a través de aspecto operativo, estratéxico ou de incorporación de tecnoloxía.
Esta nova edición do programa Reacciona, que conta cun orzamento conxunto de máis de 4,6 millóns de euros ata o ano 2020, introduce como principais novidades a incorporación de servizos vinculados a actividades de innovación e aos relacionados coas novas tendencias dixitais como as solucións baseadas nos contidos dixitais, a ciberseguridade ou as solucións en mobilidade.
Nesta edición o Reacciona TIC ofrece servizos orientados a promover a dixitalización empresarial, comezando pola análise do grao de modernización tecnolóxica e identificación de oportunidades de mellora, resultando na definición da estratexia dixital cara á incorporación de novas solucións dixitais e tendencias tecnolóxicas (cloud, Big Data, social media, etc.).
Ademais as PEME tamén terán acceso a servizos de soporte para a definición e implantación dunha estratexia corporativa para xestionar a ciberseguridade de maneira eficiente e a posta en marcha de medidas de protección; ou para implantar de solucións dixitais innovadoras en mobilidade capaces de agregar valor ás actividades operacionais e de xestión empresarial.
Doutra banda, converxendo cos obxectivos do DICO Mindset (Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia), ofertaranse servizos para a posta en marcha de proxectos ás novas tendencias tecnolóxicas ligadas ao sector dos contidos dixitais.
En concreto, prestarase un servizo de apoio á adopción de solucións innovadoras con base nos contidos dixitais (realidade virtual, realidade aumentadas, a gamificación ou os serious games) que permitan ás empresas transformar os modelos de xeración de produtos e/ou servizos, así como agregar valor aos procesos de deseño e/ou produción, aos produtos ou aos servizos resultantes. E, un servizo para o deseño dunha estratexia de marketing de contidos orientada á mellora da relación empresa-consumidor con respostas personalizadas (vídeo-marketing, mail-marketing, infografías, realidade virtual, xogos dixitais, etc.).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?