Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A segunda Semana STEM reforzará os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A segunda Semana STEM reforzará os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo

Redacción
Publicado: 08/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

stem_nenos.jpgUn total de 450 alumnos de 23 centros públicos de toda Galicia participarán durante este outono na segunda Semana STEM, un campamento de innovación educativa na que os rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO ampliarán os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías en réxime de internado.
A Semana STEM axudará a reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro. Deste xeito, as estadías proporcionarán ao alumnado galego un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
As actividades non só serán académicas, senón tamén de carácter lúdico-recreativo, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas. Os contidos dos cursos inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque maker, a creatividade e a motivación para mellorar a súas competencias STEM.
Esta iniciativa, enmarcada dentro da Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020), arrancou de xeito pioneiro por primeira vez o curso pasado (daquela con 300 alumnos e 15 centros) co obxectivo de fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego.
As estadías realízanse en períodos semanais dende domingo pola tarde ata o sábado seguinte; e a primeira delas arranca o próximo domingo día 14 con 50 rapaces de tres colexios.
Do total de centros seleccionados, 11 corresponden á provincia da Coruña, 3 á de Lugo, 2 á de Ourense e 7 á de Pontevedra. No caso da Coruña trátase dos CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago), CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), CPI San Sadurniño (San Sadurniño), CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños), IES Eduardo Pondal (Ponteceso), CPI de Atios (Valdoviño), IES Urbano Lugrís (Malpica), IES Campo de San Alberto (Noia), IES de Brión (Brión) e IES Plurilingüe A Cachada (Boiro).
Na provincia de Lugo foron seleccionados o CEIP Plurilingüe Santa Rita (Viveiro), o CEIP de Cervo (Cervo) e o CPI de Castroverde. En Ourense participará nestas estadías o alumnado do CEIP Ramón Otero Pedrayo (O Barco de Valdeorras) e o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar).
En Pontevedra resultaron seleccionados o CEIP A Carballeira (Pontevedra), CEIP Plurilingüe número 1 de Tui (Tui), CEP Carlos Casares (Salvaterra do Miño), CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade), CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), CEIP da Sobrada (Tomiño) e o IES Laxeiro (Lalín).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?