Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA pon en marcha un itinerario formativo para axudar á dixitalización de PEME e autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA pon en marcha un itinerario formativo para axudar á dixitalización de PEME e autónomos

Redacción
Publicado: 11/10/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

traballando_computadora-3.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de pór en marcha o programa Destino: PEME Dixital, un itinerario formativo deseñado para que PEME, microPEME e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro. O programa foi presentado o pasado 11 de outubro nos seus detalles pola directora da axencia, Mar Pereira, que sinalou que a dixitalización é un reto que non se pode aprazar e que de abranguer a todas e todos, “especialmente en Galicia”, onde máis do 96% das empresas teñen menos de 10 traballadores dixo, engadindo que cumpría, por estes e outros motivos, a posta en marcha dun conxunto de iniciativas que puxeran ao alcance do tecido empresarial galego tecnoloxías accesibles ligadas ao seu negocio que lles faciliten este proceso de transformación para ser máis competitivos. Disto é do que trata en boa medida Destino: PEME Dixital.
Segundo engadiu Mar Pereira, “a transformación dixital é unha carreira de fondo, onde os tempos e os obstáculos non son os mesmos para un autónomo, unha microPEME ou unha PEME”. Estes tempos e estes atrancos están no alicerce mesmo de Destino: PEMEDixital, un programa que abrangue iniciativas adaptadas ás realidades de cada negocio, con tres tipos de actuacións, DixitalOn, AceleraTIC e eLeaders.
DixitalOn: Motivación para a Transformación Dixital
Trátase dun programa de actividades de capacitación en establecementos rurais galegos, durante estadías de fin de semana, dirixidos a autónomos e microPEME para explorar as motivacións de impulsar a transformación dixital dos seus negocios. Están programadas dúas estadías, no mes de novembro, do 9 ao 11 de novembro na Ribeira Sacra e do 23 ao 25 de novembro nas Fragas do Eume.
O que se busca con este programa é “tirar proveito do efecto tractor de experiencias de lecer no rural galego”, sinalou Pereira, que engadiu que en base ao devandito planning, iranse desenvolvendo actividades de sensibilización baseadas en dinámicas de grupo innovadoras, como Lego Serious Play e Visual Thinking, xunto con visitas as instalacións de empresas que están a acometer procesos de dixitalización e coñecer in situ os resultados.
O prazo de inscrición para a primeira estadía prevista é do 10 ao 23 de outubro a través da web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/DixitalOn-RibeiraSacra, e do 10 de outubro ao 9 de novembro para a segunda das estadías https://cdtic.xunta.gal/DixitalOn-FragasDoEume. Tamén se poderán realizar inscricións a través do correo electrónico cdtic@xunta.gal .
AceleraTIC: Constrúe o camiño da transformación dixital
AceleraTIC consiste nun programa de actividades de formación dirixido a responsables dos niveis operativos das PEME, cuxo obxectivo é proporcionar as ferramentas precisas para construír unha folla de ruta que lles permita afrontar o desafío da transformación dixital, cun enfoque práctico e baseado en casos de éxito. As inscricións pódense realizar do 10 ao 21 de outubro na web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018 ou do correo electrónico cdtic@xunta.gal
eLeaders ToDixital: Lidera a transformación dixital
Este programa formativo vai dirixido principalmente a persoal executivo que posibilite un cambio de mindset das empresas cara un pensamento “dixital” aliñado as necesidades estratéxicas. Esta transformación, segundo incide AMTEGA, deberá ser impulsada por “líderes que comprendan os cambios nos modelos de negocio e de xestión que requiren os procesos de transformación dixital”. Este programa está previsto que se desenvolva no primeiro trimestre de 2019.
Xornada de presentación
Na xornada de presentación participou o experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo, profesor do Instituto de Empresa Business School e socio fundador da axencia Good Rebels, Así mesmo, catro empresas galegas que actualmente xa están inmersas neste proceso de dixitalización, expuxeron as súas experiencias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?