Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 20 especialistas participarán no congreso internacional de videoxogos e publicidade da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 20 especialistas participarán no congreso internacional de videoxogos e publicidade da UVigo

Redacción
Publicado: 11/10/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_beatriz_conferencia_videoxogos_legeren.jpgOs días 25 e 26 deste mes imos ter na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación unha cita coas posibilidades dos videoxogos para incrementar o noso coñecemento, as nosas habilidades e a nosa capacidade transmitir recursos e datos aos demais. Estamos a falar da primeira Conferencia Internacional de Videoxogos e Publicidade que, segundo informou hoxe a profesora Beatriz Legerén, responsable do comité organizador do evento, contará coa presenza de 20 especialistas e profesionais ligados á industria do lecer dixital. Os obxectivos, en concreto, pasan por afondar no poder comunicativo e persuasivo dos videoxogos.
O foro, aberto a estudantes de calquera ámbito, ten aberto o seu período de inscrición.
Baixo o título de Comunicación e persuasión, a conferencia vén da man do grupo de investigación Comunicación Persuasiva 2, o grupo de innovación docente ComTecArt (Comunicación, Tecnoloxía e Arte) e a asociación científica Icono 14, co patrocinio da Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus e o Consello Social da Universidade. En detalle, a cita servirá tamén para comprobar ata que punto son válidos os videoxogos para realizar labores eficaces de mercadotecnia, promoción e publicidade.
O catedrático da Universidad Complutense de Madrid Francisco García será o encargado de impartir a conferencia inaugural dun foro que se compón, tamén, dunha interesante serie de mesas de debate: un total de tres.
Na primeira, poranse sobre a mesa aspectos como o advergaming, “xogos que se utilizan como ferramenta publicitaria”, e o emprazamento de produtos e marcas nestes produtos, coa participación da investigadora da Universidade de Valladolid Ana Sebastián, a profesional do desenvolvemento de videoxogos Olaia Ferrando e o guionista Jaime Martínez.
A seguinte mesa porá o foco nos eSports da man do investigador da Complutense e xornalista especializado neste eido Marcos Antón, o investigador da Universidade de Vigo Esteban Canle e Carmen Pumariño, directora de The Cloud Gaming, “a empresa máis importante de eSports amateur de España”, explica Legerén.
Por último, nesta primeira xornada afondarase tamén no potencial dos videoxogos como ferramenta de comunicación da man do coordinador do grao en videoxogos da U-TAD Javier Gayo, a investigadora desta universidade Mercedes García e o experto en localización e tradución de videoxogos Ramón Méndez, un dos impulsores do título propio de especialista en Tradución para a industria do videoxogo da Universidade de Vigo.
Os videoxogos como ferramenta de persuasión e comunicación serán, por outra banda, o eixo da segunda xornada, que contará na súa primeira mesa coa participación das investigadoras María Jesús Abad, da Universidad Rey Juan Carlos, e Lucinda Saldanha, da Universidade do Porto, así como do investigador da Universidade de Aveiro Nelson Zagalo, “especializados no estudo do uso de ferramentas interactivas como obxectos ou produtos persuasivos”, engade Legerén.
Unha segunda mesa porá o foco na fase de creación dos xogos e nela participarán Evelio Sánchez e Rafael Tenorio, responsables dunha empresa de arquitectura especializada no deseño de escenografías para videoxogos; Josué Monchán, e a deseñadora de interfaces María Fernández.
Unha sexta mesa porá o foco na industria do videoxogo desde unha perspectiva de xénero. Este debate contará coa participación da profesora María José Rosado, presidenta da Fundación para a Investigación Social Avanzada iS+D, da presidenta da asociación Women in Games España Gisela Vaquero e da investigadora da USC Silvia López.
Así mesmo, a conferencia verase precedida, o mércores 23, pola presentación na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do libro Feminismo del punto medio, por parte de Francisco García e María Jesús Redondo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?