Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DigiTalent impulsará as vocacións STEM en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DigiTalent impulsará as vocacións STEM en Galicia

Redacción
Publicado: 11/10/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20181011_digitalent_01.jpgA AMTEGA pon en marcha a primeira edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, con máis de 80 actividades ata decembro que achegarán ás novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e reforzarán o atractivo vocacional das profesións neste eido a través de talleres lúdico-formativos, sesións de mentorado charlas ou accións informativas, nas que se implicará tamén ao seu círculo máis próximo (pais/nais, avós/avoas, titores, etc…).
DigiTalent formúlase como unha iniciativa aberta con achegas da propia Administración autonómica e dos axentes do ecosistema dixital, entre os que están as 12 empresas que en 2013 se adheriron ao Pacto Dixital da Xunta para impulsar o crecemento tecnolóxico da Comunidade. Responsables de Indra, Everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC Tecnology o Clúster TIC Galicia, reuníronse esta semana co equipo directivo da AMTEGA para pechar o calendario de actividades deste último trimestre do ano, que se centra nas actividades para os máis novos.
20181011_digitalent_02.jpgAínda que un 50% dos alumnos galegos matriculados en bacharelato cursan a rama de ciencia e tecnoloxía, a maioría non chega a matricularse nunha carreira STEM (estudos científicos, tecnolóxicos, en Enxeñarías ou Matemáticas). Por iso o primeiro eixo do Plan contempla diferentes iniciativas para fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnoloxías entre a poboación máis nova, especialmente entre as mozas con iniciativas específicas como GirlStem mentoring, en colaboración con AGASOL, xa en marcha con charlas de profesionais das TIC de recoñecido prestixio que están a achegar a súa experiencia a nenas de entre 14 e 18 anos e que se están a impartir desde o 21 de setembro ata o 19 de outubro.
Para mostrar o atractivo das profesións STEM nas etapas escolares Tecnólogo por un día ofrecerá á rapazada de entre 12 e 17 anos a oportunidade de experimentar en primeira persoa a xornada laboral dun profesional do sector. Desde o 17 de outubro os interesados en participar poderán inscribirse vía web.
Tamén este mes comezan as iniciativas coas que o operador R colabora en DigiTalent, CreaR e NativosR. A primeira consistirá en talleres de 3 horas de duración para nenos e nenas de 7 a 13 anos para crear prototipos tecnolóxicos que entre os meses de outubro e novembro chegarán a sete concellos galegos. A segunda está destinada a pais, nais, avós, avoas ou titores para achegarlles a través de talleres os novos termos do contexto dixital e desbotar o mito de que os nativos dixitais teñen competencias para usar a tecnoloxía só por nacer no actual contexto dixital. Estas actividades darán comezo o vindeiro 13 de outubro e desenvolverase ata finais de ano.
20181011_digitalent_03.jpgA estas actividades súmase Digitalia, que este ano incorporou actividades e obradoiros TIC aos obradoiros de verán, nos que participaron 40 rapaces e rapazas que aprenderon a crear a manexar drons e as técnicas do videomapping, Tamén se desenvolveu TechKids, en colaboración co Colexio Profesional de Informática de Galicia, no que máis de 600 rapaces e rapazas de toda Galicia participaron en talleres sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos nas Aulas CeMIT da Comunidade.
En decembro Iecisa porá en marcha DixiXogo, para que rapaces e rapazas de 6 a 14 anos adquiran habilidades dixitais a través de talleres formativos con temática tipo Lego Mindstorms. Ademais, en xaneiro DXC iniciará os titoriais DXC Codes sobre programación scratch, acompañados de charlas divulgativas e competicións por equipos con entrega de premios e Altia comezará a impartir, no marco da súa iniciativa GenTech, talleres a estudantes de bacharelato nos que se presentarán proxectos de base tecnolóxica para dar a coñecer as profesións dixitais.
Por estes motivos DigiTalent busca reducir a fenda entre a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais e a crecente demanda destes perfís no mercado laboral. Nesta primeira edición ofértanse máis de 2.500 prazas para a trintena de actividades do Plan, que se desenvolverá anualmente.
DigiTalent abrangue o ciclo vital da persoa: a infancia, con medidas para espertar as vocacións TIC desde idades temperás; a xuventude con actuacións para facilitar a especialización e a madurez, ofrecendo capacitación especifica para perfís directivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?