Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sombra da lei dá visibilidade ao alumnado e profesionais da Fundación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sombra da lei dá visibilidade ao alumnado e profesionais da Fundación TIC

Redacción
Publicado: 16/10/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

a_sombra_da_lei_deputacion_de_lugo_concello.jpgLugo acolleu hoxe unha proxección especial da longametraxe A sombra da lei, do director monfortino Dani de la Torre, autor tamén da exitosa O descoñecido, ambos filmes rodados na nosa terra e cunha ampla presenza de equipos humanos e técnicos de aquí. No caso de A sombra da lei, que está estes días na pantalla grande colleitando un importante éxito de público, foi rodada en cidades como Lugo, Monforte ou Santiago, contando co apoio de institucións como a Deputación de Lugo e o Concello. Na proxección de hoxe, o presidente da entidade provincial e da Fundación TIC, Darío Campos, mostrou a súa satisfacción por ter colaborado as dúas institucións que representa “nun filme que dá unha gran proxección nacional e internacional a Lugo”.
Ademais afirmou que “para nós é un orgullo que tres lucenses do nivel de Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira estean neste proxecto”, e que sexa unha produtora galega, Vaca Films, capitaneada por unha muller, Emma Lustres, a que o faga realidade.
Antes de asistir ao pase nas salas do Centro Comercial Abella, o presidente participou no acto de presentación da película no Círculo das Artes, unha das localizacións da rodaxe, xunto ao voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o director Dani de la Torre, a responsable de Vaca Films, Emma Lustres, e parte do equipo artístico.
a_sombra_da_lei_dani_de_la_torre.jpgCampos Conde subliñou que “cremos firmemente nos beneficios que a industria do cinema ten para a nosa provincia desde o punto de vista económico, social e turístico, e por iso, malia non ter competencias no eido audiovisual nin partidas específicas destinadas a este fin, responsabilidade que lle corresponde á Xunta de Galicia e ao Goberno Central, desde a Deputación facemos un importante esforzo económico para apoiar algunhas destas producións ao longo do ano, como é o caso de La sombra de la ley, e conseguir que os profesionais do sector vexan atractiva a nosa provincia para rodar as súas producións, que son unha excepcional vía de promoción de Lugo”.
Neste punto, lembrou que a Deputación tamén está a traballar noutra longametraxe de “proxección internacional”, a nova película do galego Oliver Laxe, Aquilo que Arde, rodada principalmente nos Ancares lucenses.
Por outra banda, o presidente da TIC fixo fincapé en que estas rodaxes supoñen “unha oportunidade única” para o alumnado e os titulados da Escola de Imaxe e Son da entidade provincial, xa que varios profesionais formados na EIS formaron parte do equipo do novo filme de Dani de la Torre en diversos postos relacionados coas áreas de dirección e produción. Amais, dixo, grazas a este traballo conxunto, “tres alumnos fixeron prácticas con algúns dos mellores profesionais que temos no só en Galicia, senón en España”.
Para quen non o saiba, as escenas de A sombra da lei foron filmadas o pasado ano en 80 decorados naturais exteriores e interiores. A rodaxe arrancou en Barcelona, pero gran parte da acción discorre en Galicia (Lugo, Pontevedra, Monforte de Lemos, A Coruña e Santiago). En Lugo, filmouse na capital na rúa Bispo Aguirre e no Círculo das Artes. No caso de Monforte, foi o museo do ferrocarril o que serviu de fondo para unha das escenas claves da película, a do asalto a un tren custodiado polas forzas de seguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?