Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza o Curso Superior de Administración Electrónica organizado polo CPEIG e a AMTEGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza o Curso Superior de Administración Electrónica organizado polo CPEIG e a AMTEGA

Redacción
Publicado: 16/10/2018
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

20181016_egap_01.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a AMTEGA inauguraron hoxe o Curso Superior de Administración Electrónica nun acto aberto ao público en xeral, que celebrouse no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela, e estivo presidido pola directora da AMTEGA, Mar Pereira Álvarez, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo.
Fernando Suárez explicou que as TIC modificaron substancialmente o paradigma baixo o que se desenvolve a actividade das Administracións Públicas, sexan locais, autonómicas, estatais ou internacionais. «Este novo contexto obriga ás Administracións a adaptar o seus modelos organizativos e a relación cos cidadáns, pero tamén require profesionais con competencias para abordar estes cambios de maneira axeitada e eficaz» – salientou o presidente do CPEIG, para logo describir á administración electrónica como unha realidade sociolóxica e política, froito do uso da informática no ámbito do sector público.
En relación ás últimas normativas que regulan a actividade administrativa e a regulación institucional en xeral, Fernando Suárez explicou que o aspecto máis destacado da nova regulación consiste na consolidación dos medios electrónicos como a pauta xeral na tramitación administrativa. Non quixo deixar pasar a ocasión para matizar que «un rexistro electrónico, unha cita automatizada, un rexistro de poboación instantánea ou o pago de impostos desde un sitio web son pasos importantes no camiño da administración electrónica, pero non teñen sentido se non forman parte dun proceso común, interoperable, seguro e consolidado», ou sexa, que para facer esta transformación profunda na xestión administrativa existen necesidades de formación entre os empregados públicos das distintas Administracións.
Mar Pereira sinalou que a formación é unha das liñas de actuación do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 co que se está a consolidar o proceso de transformación dixital da Administración e lembrou que a AMTEGA colabora coa EGAP na posta en marcha dun Plan para reforzar a formación do empregado público no ámbito da Administración dixital e da Protección de Datos, que a finais de ano terá ofrecido 1.200 horas formativas a través de 55 cursos presenciais e online.
A directora da AMTEGA subliñou que a importancia da formación reflíctese na futura Lei de Administración Dixital de Galicia, actualmente en tramitación, que contempla un Plan de Capacitación Dixital para garantir aos empregados públicos o acceso á formación necesaria para desempeñar a súas funcións nun contexto dixital.
Neste sentido incidiu en que no proceso de dixitalización é tan importante implantar novos sistemas e garantir a súa dispoñibilidade como intensificar o seu uso. O Plan apunta a un incremento no uso dos servizos dixitais tanto dentro e fóra da Administración. A nivel interno no primeiro semestre do ano os empregados públicos realizaron, 3,3 millóns de consultas á Plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, un 113% máis que en 2017 e ten 61 servizos dispoñibles; máis de 137.000 notificacións electrónicas, case o triplo do mesmo semestre de 2017 e asinaron máis de 1,1 millóns de documentos electronicamente. Por parte dos cidadáns, Pereira destacou que este ano, por primeira vez as xestións online coa Xunta superan as presenciais.
Pola súa parte, Sonia Rodríguez-Campos indicou que para alcanzar unha Administración eficaz hai que conseguir a consolidación da Administración electrónica, pero ante as dificultades da súa implantación sinalou que se debe ter en conta o punto de vista dos usuarios, coñecendo os medios e coñecementos cos que contan, e o da Administración que debe facer máis investimento e formación de persoal para atender as dúbidas dos cidadáns.

Contidos
  • A viaxe do cidadán e a súa percepción do funcionamento da Administración electrónica
  • Formación para 80 empregados públicos

A viaxe do cidadán e a súa percepción do funcionamento da Administración electrónica

20181016_egap_03.jpgA continuación, celebrouse un relatorio maxistral, titulado Presente e futuro da administración electrónica, que foi impartido polo socio de Consultoría de Sector Público EY, Carlos González Luis. Realizou un percorrido pola evolución da Administración electrónica nos últimos dez anos e sinalou os retos que aínda quedan por resolver e analizou o estado da e-Administración en España a nivel de Comunidades autónomas e Deputacións.
O experto comezou realizando un repaso polo proceso de transformación dixital no sector privado, para a continuación incidir na necesidade de empurrar ao sector público cara este camiño, xa iniciado co desenvolvemento lexislativo que lle permite pasar do mundo analóxico ao dixital.
O consultor explicou que o obxectivo é ofrecer aos cidadáns e ás empresas uns servizos públicos proactivos a través dunha Administración Pública modernizada e máis eficiente. Con conceptos como a viaxe do cidadán, González Luis subliñou a importancia de coñecer a percepción que o cidadán ten do funcionamento da Administración electrónica e de que os servizos tecnolóxicos que ofrece estean adaptados á sociedade para permitir un aforro de tempo e recursos económicos.

Formación para 80 empregados públicos

20181016_egap_02.jpgO Curso Superior de Administración Electrónica pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa Comunidade. O obxecto é integrar de maneira transversal todos os ámbitos que se relacionan coa administración electrónica: tecnolóxicos, xurídicos, políticos, organizativos e comunicativos, entre outros.
Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a administración electrónica para que as persoas ás que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito, completando a súa formación no dereito da informática. O presidente do CPEIG sinala que o curso sempre ten una alta demanda de matrículas e conta con profesionais de recoñecido prestixio en cada unhas das materias a abordar no seu transcurso.
A formación, que conta con 80 prazas, está destinada a persoal empregado público, en situación de servizo activo da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Celebrarase de forma semipresencial do 16 de outubro ao 27 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?