Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG e Política Lingüística salientan a necesidade de participarmos nos avances das TIC da fala
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG e Política Lingüística salientan a necesidade de participarmos nos avances das TIC da fala

Redacción
Publicado: 16/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_politica_linguistica_tecnoloxias_da_fala.jpgEste 16 de outubro celebrouse en Santiago a xornada As tecnoloxías da lingua, organizada polo Consello da Cultura Galega na súa sede e inaugurada por Rosario Álvarez, presidenta do CCG; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Carmen García Mateo, coordinadora da xornada. O encontro, que puxo o foco nas posibilidades que se abren ao converter a falta en texto ou coa tradución automática en liña, contou coa presenza de responsables de Google, RTVE, Galma ou Vicomtech. Na sesión de apertura, Valentín García, lembrou que “unha lingua de presente e de futuro como a nosa ten que participar nos avances que se producen no terreo das tecnoloxías da fala”.
De feito, avaliar estes recursos e as súas posibilidades, de cara a buscar os máis acaidos para o noso caso particular, foi un dos obxectivos da xornada, amais de “abordar a situación dunhas ferramentas que facilitan que a comunicación entre persoas estea por riba das barreiras idiomáticas”.
Valentín García engadiu que a necesidade participarmos nos devanditos avances ten relación directa coa que sería unha das grandes conclusións do evento: a conveniencia de xuntarmos forzas para que “unhas ferramentas pensadas para facilitar a inclusión e a comunicación non se convertan en ferramentas de exclusión”. Neste sentido, o secretario xeral avogou “por traballarmos sen descanso desde a Administración, desde o ámbito da investigación, desde as empresas… para producir recursos e aplicacións que reduzan a nada a fenda dixital”.
Acompañaron o secretario xeral na presentación desta xornada Rosario Álvarez, presidenta do CCG, e Carmen García Mateo, coordinadora do encontro.
En detalle, a finalidade da xornada foi mostrar o estado da cuestión das ferramentas da fala en dous aspectos relevantes das tecnoloxías lingüísticas: o eido da transcrición automática de voz a texto, como elemento fundamental para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade auditiva aos contidos audiovisuais, e o eido da tecnoloxía do procesamento de linguaxe natural como axente facilitador de medios en galego.
Pola xornada pasaron Lourdes Lorenzo, do Departamento de Tradución e Lingüística da UVigo, Francisco Armero Real, director da Área de Accesibilidade de TVE, Belén Ruiz Mezcúa, directora do Centro Español do Subtitulado e a Audiodescrición, Pablo Romero-Fresco, director de GALMA (Observatorio Galego de Accesibilidade Aos Medios), Arantza del Pozo, directora do Departamento de Tecnoloxías da Fala e da Linguaxe Natural de Vicomtech, José Ramón Pichel, de Imaxin Software, Pedro J. Moreno, investigador de Google, e Carmen García, directora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia da UVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?