Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Destacan o papel protagonista dos centros tecnolóxicos galegos como catalizadores da transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Destacan o papel protagonista dos centros tecnolóxicos galegos como catalizadores da transformación dixital

Redacción
Publicado: 17/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20181017_excelencia_tecnoloxica_02.jpgO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo en valor hoxe en Santiago no I Encontro sobre excelencia tecnolóxica internacional, organizado por ATIGA, o papel protagonista dos centros tecnolóxicos como catalizadores da transformación dixital. Tamén explicou que os centros tecnolóxicos teñen unha función moi importante para converter o coñecemento en valor de mercado para satisfacer esa demanda de tecnoloxía que ten a industria sinalando que son os protagonistas da investigación aplicada ao mercado. Neste senso, referiuse a casos de éxito como o coche autónomo que desenvolve o CTAG, os avances en robótica colaborativa de Aimen, os drons nos que traballa o ITG ou a investigación en biogás de EnergyLab.
O titular de Economía sinalou, así mesmo, que os centros tecnolóxicos son un piar fundamental e un elemento tractor no ecosistema galego de innovación e, por iso, a Administración autonómica apoia o seu traballo con axudas que suman 130 millóns de euros desde 2009 a través de iniciativas como os contrato programas, as 23 Unidades Mixtas de Investigación, Conecta PEME, Innova PEME ou o programa Principia.
Conde, así mesmo, sinalou que a transversalidade neste ámbito é crucial porque «a innovación ten que chegar a todos os sectores e a todas as empresas». Ao respecto, defendeu un modelo de innovación aberta a todas as necesidades do tecido industrial e das empresas, a todos os axentes do ecosistema de I+D+i e a todos os mercados. Indicou, ademais, que aos centros tecnolóxicos exercen hoxe en día como auténticas unidades de I+D+i para os sectores estratéxicos e para as pequenas e medianas empresas que non poden dispoñer destes medios por si mesmas.
Para o conselleiro, o reto nestes momentos é fortalecer esta conexión que redunda na competitividade da industria apostando pola unidade e a cooperación como se está a facer a través dos Hubs de innovación dixital, o modelo sobre o que a Xunta está a asentar o ecosistema innovador en Galicia para posicionar a excelencia tecnolóxica galega a nivel internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?