Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a nova edición de Finde.U con 2.000 participantes e 70 empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a nova edición de Finde.U con 2.000 participantes e 70 empresas

Redacción
Publicado: 22/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

finde.u_vigo_e_porto.jpgEsta semana vaise desenvolver a terceira edición da Finde.U, a Feira Internacional de Emprego Universitario que organizan a Universidade de Vigo e máis a de Porto (xunto coa de Tras-os- Montes e Alto Douro e Católica Portuguesa). A previsión é de que participen máis de 2.000 participantes e unhas 70 empresas, moitas delas empresas do sector dixital (Televés, HPE, Arca Telecom, Imatia, Alert Life Sciences Computing ou Viewnext). A feira celébrase no recinto de IFEVI os días 23 e 24 de outubro, logo da exitosa edición previa de Porto este mesmo mes. Inaugúrase este martes, terza feira, ás 16.30 horas. No acto participará Manuel Reigosa, reitor da UVigo, e máis o seu homólogo da de Porto, Helder de Vasconcelos e Silva.
Tamén concorrerán Artur Fernando Arede Correia Cristóvão, vicerreitor da área de planificación e emprendemento da UTAD, e Manuel Fontaine Campos, vicepresidente do Centro Regional do Porto da Universidade Católica Portuguesa, para a Academia e a Internacionalización.
Segundo engade a universidade galega, a Finde.U ofrecerá a estudantes e persoas tituladas “a oportunidade contactar con responsables de recursos humanos de empresas de diferentes sectores e que se atopan na procura de persoal cualificado, ao tempo que as firmas comerciais da Eurorrexión terán a oportunidade de coñecer de primeira man as capacidades do alumando formado na institución académica viguesa”.
Pescanova, FINSA, ABANCA, Televés, Borgwarner, BBVA, Carrefour, Hewlett Packard, ENCE ou Garrigues, son algunhas das empresas que xa confirmaron a súa presenza no evento, que como todos os anos completará o seu programa con actividades paralelas de formación e información.
Dúas son as novidades que este ano introduce a Finde.U. Dunha banda, o día 24 e como continuación da xornada que o 9 de outubro se celebrarán no Campus de Vigo, o IFEVI acollerá a derradeira sesión do programa O talento feminino SUMA. Nesta sesión as estudantes e tituladas que participaron na primeira sesión da xornada, presentarán a través dun formato elevator pich, o seu talento perante os responsables de recursos humanos que participan na feira.
Así mesmo, nesta terceira edición a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal incorpora á feira o seu Job Day TIC, achegando a participación de 13 empresas do sector das Tecnoloxías da Información e da comunicación de ámbalas beiras do río Miño, así como os clústeres TIC dos dous lados da raia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?