Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As empresas de novas tecnoloxías copan Finde.U
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As empresas de novas tecnoloxías copan Finde.U

Redacción
Publicado: 23/10/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

findeu6.jpgFinalmente comezou a súa andaina, ata mañá, a nova edición (a terceira) da Feira Internacional de Emprego, Finde.U, impulsada conxuntamente polas universidades de ámbalas beiras da raia galego-portuguesa e con vistas a catapultar laboralmente as e os estudantes dos dous países irmáns en empresas innovadoras da contorna. Segundo informou a Universidade de Vigo, unha das entidades organizadoras, a feira está a xuntar no IFEVI 70 expositores, entre empresas e universidades, amais de 650 estudantes e persoas egresadas inscritas (cifra que se irá incrementando a medida que pasen as horas).
findeu5.jpgO evento, un recurso de primeira man para facer entrar en contacto a contratadores e contratados (e para que os currículos cheguen aos seus destinatarios do mellor xeito posible), conta este ano cunha especial presenza de empresas das novas tecnoloxías da información.
A nivel xenérico, entre as firmas presentes están Aluminios Cortizo, ABANCA, Banco Mediolanum, ENCE, Garrigues, Hotusa, Pescanova, Leroy Merlin, Nationale Nederlanden, Carrefour, Televés ou ZF Group, entre outras.
findeu4.jpgO programa da feira inclúe unha serie de presentacións corporativas das diferentes empresas e, como novidade, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal desenvolve o Job Day TIC, coa participación dunha ducia de empresas do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación de Galicia e Portugal, así como os clústeres TIC de ambas beiras da fronteira.
Finalmente, mañá mércores desenvolverase a segunda xornada do evento O talento feminino SUMA, que arrancou no Campus de Vigo o pasado 9 deste mes. Nesta sesión as participantes realizarán as súas presentacións de 90 segundos ante responsables de recursos humanos de empresas para presentar a súa marca persoal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?