A finais de xuño Instagram estreou a posibilidade de realizar videoconferencias en grupos de ata 4 participantes, de xeito que a pantalla podía partirse en ata catro anacos iguais para amosar aos distintos participantes na conversa de xeito simultáneo, e facilitando incluso que a grella de usuarios flotase nun tamaño reducido para poder seguir a empregar Instagram durante a comunicación.
Semella que esta funcionalidade está a ter demanda, e dende Instagram decidiron potenciala e, tal e como podemos ver na páxina de soporte da aplicación, agora é posible utilizar o chat de vídeo con ata 6 persoas nas mensaxes privadas.
O funcionamento das conversas en grupo non muda, senón que simplemente temos unha ampliación do número de participantes, que comezou a espallarse nas últimas horas. Queda agora por ver se WhatsApp tamén recibirá a mesma actualización, pois ambos servizos anunciaron simultaneamente as chamadas de vídeo en grupo, polo que semella que comparten boa parte desta tecnoloxía.
Instagram amplía os chats de vídeo en grupo a ata 6 participantes
Compartir Este Artigo
