Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS salienta o importante papel que despregará a Intelixencia Artificial: a electricidade do século XXI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS salienta o importante papel que despregará a Intelixencia Artificial: a electricidade do século XXI

Redacción
Publicado: 23/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citius_xornada_intelixencia_artificial.jpgO CiTIUS (Centro Singular de Investigación en TIC) acolleu o pasado venres unha xornada sobre Intelixencia Artificial na que participou un relevante número de especialistas en sistemas intelixentes e aprendizaxe das máquinas procedentes dos eidos da empresa e das administracións, amais (por suposto) do propio CiTIUS. O encontro, unha actividade do ciclo Encontros na eira, contou coa presenza (entre outros) do profesor Senén Barro, investigador do CiTIUS e ex reitor da USC, que puxo o foco na Intelixencia Artificial como “a electricidade do século XXI”, por ser un ámbito de traballo e investigación que está e estará presente en todos os eidos do saber e os sectores produtivos.
A xornada, que foi inaugurada polo director do CiTIUS, Paulo Félix, serviu entre outras cousas para mostrar ante directivos TIC de empresas e administracións galegas as principais liñas de traballo do
Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI), con base de operacións no Centro Singular de Investigación en TIC.
Amais, os impulsores da cita convocaron nela aos responsables da spin-off que xurdiron do CiTIUS e na actualidade desenvolven xa “un labor comercial consolidado”, froito da investigación desenvolvida nalgunhas das distintas liñas de investigación de GSI.
Foi o caso de Imagames, cuxo director de enxeñería, Javier López Morado, mostrou os servizos baseados en gamificación (técnicas de xogo aplicadas a ámbitos non lúdicos) que distinguen estan empresa. Amais,, o co-fundador e director de tecnoloxía de Situm Technologies, Adrián Canedo Rodríguez, amosou a súa rica experiencia no mercado internacional, grazas ás tecnoloxías de alta precisión para o posicionamento e guiado en interiores vía teléfono móbil, desenvolvidas por Situm.
A xornada incluíu tamén unha mesa redonda sobre a conveniencia de promover medidas, freos e estratexias de impulso para “a adopción progresiva das técnicas de Intelixencia Artificial en empresas e institucións”. Amais do propio Senén Barro Ameneiro, director de GSI, na mesa moderada polo escritor e divulgador Marcelo Castelo participaron Alfonso Vallés Salgues (comandante-director da Escola de Especialidades da Armada Antonio Escano), Benigno Rosón Calvo (subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia) e César Alberto Pérez (xefe de Proxecto en dominios de Servizos e Conectividade de Vehículo no Grupo PSA-Citroen).
O encontro concluíu cunha charla titulada Made in Galicia, a cargo do director da área de Innovación e Negocio da TVG, José Pereira Fariña, profesor e ex vicerreitor de Comunicación da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?