O Concello de Vigo vénse de sumar, oficialmente, á rede de cidades que conta coa aplicación Moovit para o transporte público. O propio alcalde Abel Caballero presentou onte a ferramenta ante a cidadanía e os medios de comunicación, sinalando que xa está operativa na cidade para quen queira empregala e que presenta importantes vantaxes de uso en materia de transporte público, por exemplo á hora de achegarnos as mellores rutas posibles para chegar a un destino.
Caballero dixo que se “trata dun avance importante que facilita coñecer a chegada a paradas en tempo real”. Tamén lembrou que Moovit é un recurso de balde e que está dispoñible en Android, iOS e formato web.
O rexedor informou de que Moovit (“líder no transporte público smart”) xa está dispoñible na cidade de Vigo grazas á colaboración do Concello e e concesionaria Vitrasa. En termos concretos, a recalada da ferramenta na cidade galega permitirá aos cidadáns planificaren en tempo real as súas rutas combinando todas as opcións de transporte público dispoñibles, nutríndose de todos os datos de Vitrasa (con 33 liñas e máis de 1.000 paradas). Ademais, a app está operativa en 44 idiomas, “o que supón un activo importante para os turistas”, explicou o rexedor, engadindo que a través de Moovit, Vigo únese ás máis de 2.500 cidades de 83 países nas que a ferramenta xa funciona, 50 das cales pertencen ao ámbito estatal.
A ferramenta Moovit de transporte público xa está dispoñible en Vigo
Compartir Este Artigo

