Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago botará man do Big Data para mellorar en turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago botará man do Big Data para mellorar en turismo

Redacción
Publicado: 29/10/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

marta_lois_santiago-2.jpgPode o chamado Big Data, a análise da información a gran escala, mellorar a nosa actividade turística, atraer máis visitantes e facer que os que xa viñeron recunquen e nos recomenden, amais de mellorar os servizos, incrementar a sustentabilidade e repercutir positivamente nas cidades-destino? Para o Concello de Santiago, a resposta á devandita pregunta é positiva, de aí que se lanzase a traballar nun proxecto conxunto para dar forma a un observatorio de turismo cuxa materia prima principal serán, precisamente, os datos. Ou sexa, a información inxente que non para de medrar e, polo tanto, é cada vez de meirande utilidade.
O proxecto foi dado a coñecer a semana pasada pola concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, que informou de que se trata dunha iniciativa europea na que colaboran oito entidades e que leva por nome Big e Open Data para o desenvolvemento de novos procesos cara a xestión do patrimonio atlántico (BODAH). Segundo engadiu, virá cunha achega económica de 1.571.373 euros procedentes da Unión Europea. A contía para Compostela será de 247.000 euros.
Lois sinalou que BODAH ten como obxectivo “fortalecer un desenvolvemento máis sustentable do turismo, os fluxos de persoas e a redistribución de impactos socioecónomicos, grazas ao uso de datos”. Ao seu abeiro darase forma a novas ferramentas e solucións acordes ás características dos “destinos intelixentes”, impulsando as capacidades de cada un deles para “recoller, xerar, integrar e analizar datos para tomar decisións informadas e ter un impacto nos comportamentos”.
A edil explicou que para o Concello de Santiago traballar neste proxecto é sentar os alicerces dun observatorio do turismo que permita, utilizando as novas tecnoloxías, “recoller datos sobre os fluxos turísticos na área patrimonial, así como os alugueres turísticos”. Isto fornecerá de datos moi precisos sobre visitantes e rutas turísticas intramuros, así como información útil sobre os alugueres turísticos de cara a seguir avanzando na súa localización e regulación.
Participan tamén, liderados polo Concello de Santiago, entidades e institucións como a Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico (formada por Huelva, Cádiz e Sevilla); Fomento San Sebastián ou universidades como a de Lisboa, Gales ou o Instituto de Tecnoloxía de Cork.
O proxecto desenvolverase dende abril do 2019 e ata decembro do 2021 e será coordinado polo Concello de Santiago en estreita colaboración cos socios europeos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?