Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AJE Coruña convoca o Premio Emprende Coruña 2018
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AJE Coruña convoca o Premio Emprende Coruña 2018

Redacción
Publicado: 31/10/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20181031_sgr_rolda_lema_aje_g88b8362.jpgO Pazo de María Pita acolleu esta mañá a presentación do Premio Emprende Coruña 2018, iniciativa impulsada pola Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia da Coruña (AJE Coruña) que conta co apoio do Concello da Coruña. O responsable da área de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, puxo en valor esta XIX edición da proposta, que recoñece os proxectos máis salientables do tecido empresarial da provincia no presente exercicio, «así como a valentía de todas aquelas persoas que, no contexto actual, teñen a afouteza e a coraxe para idear un proxecto empresarial, botalo a andar e traballar para a súa consolidación».
20181031_sgr_rolda_lema_aje_g88b8332.jpgA este respecto, o concelleiro destacou a aposta definitiva pola innovación que se está a dar no eido do emprendemento en Galicia e engadiu que «se revisamos a lista dos Premios AJE dos últimos tempos, podemos observar como cada vez este novo tipo de empresariado, que sabe que non existe presente nin futuro sen as TIC, vai cobrando maior protagonismo. Nesa aposta pola innovación, contarán co apoio do Concello da Coruña».
O Premio Emprende Coruña 2018, que repartirá máis de 27.000 euros entre os galardóns, abre hoxe o prazo de presentación de candidaturas, que se manterá aberto ata o día 29 de novembro. O requisito para poder optar a algúns dos dous premios principais e tres accésit (Premio Novo Empresario, Premio AJE Junior, Accésit RSC-Vegalsa Eroski, Accésit á creación de emprego Banco Sabadell e Accésit á Innovación) é que o capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos. Os galardóns entregaranse nunha gala que terá lugar o 29 de novembro en Fincas Montesqueiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?