Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra acollerá un hackathon para incorporar contidos ao Galizionario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra acollerá un hackathon para incorporar contidos ao Galizionario

Redacción
Publicado: 02/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_galizionario.jpgO Galizionario, como iniciativa colaborativa que é, xurdida ao abeiro dos novos xeitos de traballar en rede, precisa de nós para ampliar fondo e radio de acción. En base a isto, dende o Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo) veñen de convocar o que sería o primeiro maratón colectivo dirixido a incorporar contidos á plataforma. A cita será o 16 de novembro, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Para quen non o saiba, o Galizionario foi posto en marcha en 2004 e é a versión galega do dicionario Wiktionary, acubillo de coñecemento construído coas contribucións das usuarias e usuarios. O Galizionario ten a día de hoxe máis de 53.000 entradas. O obxectivo é facelas medrar tanto como sexa posible.
A cita de Pontevedra, a Emlex Wiktionary Hackfest, estará aberta á participación de calquera persoa interesada, aínda que o groso das colaboraras e colaboradores prevese que sexan estudantes das nosas universidades e do norte de Portugal. A quedada está a ser coordinada polo profesor da dita facultade Carlos Valcárcel e insírese nas actividades do mestrado europeo en lexicografía Emlex. Tamén se conta co apoio da Vicerreitoría do Campus.
A xornada abrirase cos relatorios de Adrián Estévez, un dos administradores do Galizionario, e de Eneko López, co-responsable da edición en éuscaro do Wiktionary e colaborador tamén da edición en castelán. “Serán unhas charlas moi prácticas, o que queremos é que nos expliquen que hai que facer para editar e que é preciso ter en conta para que a xente poida comezar a andar, porque a idea é que estean todo o día editando xuntos”, sinala Vacárcel dunha actividade que, tras estes coloquios e a organización dos grupos de traballo, terá como eixo a incorporación de novos contidos ao Galizionario, para pecharse cunha sesión de posta en común do traballo de cada grupo.
Co fin de impulsar o traballo conxunto e colaborativo, o comité organizador do evento (do que tamén forman parte Adrián Estévez e as docentes María José Domínguez, da USC, e Idalete María Silva, da Universidade de Minho), achegará a este hackathon unha serie de propostas para o traballo da edición, que abranguen desde a introdución de léxico ligado á época do ano presente (o outono) á incorporación de traducións a outros idiomas neste dicionario multilingüe.
A participación tamén está aberta a aquelas persoas que non poidan vir a Pontevedra pero que queiran sumarse editando desde as súas casas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?