Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A comunidade da UVigo convértese en creadora de deseños de impresión 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A comunidade da UVigo convértese en creadora de deseños de impresión 3D

Redacción
Publicado: 08/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_impresion_3d_curso.jpgA Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle estes días (ata decembro) un curso que pon á comunidade universitaria ao tanto das últimas novidades en impresión 3D, en palabras da organización “un eido de moitas posibilidades, agora que se espallan e se afianzan plataformas de software libre que permiten empregar deseños novos ou adaptar creacións xa existentes, ou mesmo replicar unha impresora, elaborar prototipos ou reparar equipamentos”. Trátase do curso Iniciación á impresión 3D con materiais innovadores, que conta coa presenza (impartindo teoría e, sobre todo, práctica) dos técnicos da UVigo Vicente López Díaz, Txapu, e José Manuel Rodríguez.
O obradoiro, que dá continuidade a experiencias formativas anteriores, pon o foco en cuestións como a evolución vivida nos últimos anos no eido da impresión tridimensional, “xa que hai un anos basicamente traballabas con dous tipos de filamento e agora existen moitos máis materiais, como filamentos con partículas metálicas ou filamentos imitando a madeira”, salientan os responsables do taller, que ten como primeiro obxectivo “que o alumnado lle vaia perdendo o medo a esta tecnoloxía a través dunha abordaxe fundamentalmente práctica”, que abrangue desde probar como funcionan os distintos materiais ao manexo de plataformas nas que descargar ou modificar deseños xa realizados para impresoras 3D ou a preparación de deseños propios.
uvigo_poimpresion2.jpgEste curso de iniciación ao 3D forma parte da oferta de obradoiros impulsada polo primeiro cuadrimestre pola Vicerreitoría do Campus, que recentemente impulsaba tamén, ao abeiro do Campus Crea, cinco novos talleres, de balde e abertos ao conxunto da comunidade universitaria. Tres deles, o Obradoiro práctico de cociña saudable para cerebros ocupados, o Curso de iniciación a robótica educativa e o taller Fab-Lab no campo expandido. Planificar-construír manteñen aberto ata hoxe o período de inscrición, existindo tamén prazas vacantes tanto no curso O viño: ciencia, cultura e territorio, que se desenvolverá os días 15, 19 e 22 na Casa das Campás e no Pazo de Mugartegui, como no taller A gamificación como ferramenta de innovación e motivación na aula, que se desenvolverá do 22 ao 30 de novembro na Aula Tecnolóxica da Vicerreitoría.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?