Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As técnicas avanzadas para a análise de Big Data, protagonistas dos Premios de Transferencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As técnicas avanzadas para a análise de Big Data, protagonistas dos Premios de Transferencia

Redacción
Publicado: 08/11/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O equipo responsable de Insitu
O equipo responsable de Insitu
A semana déronse a coñecer os nomes dos galardoados na presente convocatoria dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, que este ano chegan á súa cuarta edición. Segundo puidemos confirmar, as grandes protagonistas destes recoñecementos, amais -por suposto- dos propios equipos de investigadoras e investigadores distinguidos, son as novas tecnoloxías postas ao servizo da nosa seguridade, da nosa calidade de vida e dunha meirande eficiencia na xestión de recursos. Este é, de feito, o alicerce da lucense Insitu, con orixe na UVigo, na que recae o premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para PEME. Insitu, de feito, desenvolveu un sistema para a toma de decisións sobre estradas, aeroportos e liñas de ferrocarril.
O certame, que vén de facer pública a resolución do xurado, está promovido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, e diríxese a “recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo”. Os galardóns serán entregados nunha cerimonia que terá lugar en datas vindeiras en Santiago de Compostela.
Como dixemos, na categoría de PEME, o premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía, dotado con 12.000 euros, correspóndelle a Insitu Enxeñería. Esta spin-off luguesa, nacida do Grupo de Investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas (GeoTech) da Universidade de Vigo en 2008, desenvolveu un sistema para a xestión das infraestruturas do transporte a partir de información xeorreferenciada de alta densidade e en formato tridimensional. A ferramenta resultante permítelle a empresas e administracións públicas inspeccionar, explotar e xestionar estradas, liñas de ferrocarril e aeroportos desde a oficina, a partir dos datos obtidos con múltiples sensores e que lle mostran ao usuario representacións 3D e imaxes sobre o estado da vía, a visibilidade nun determinado momento, etc.
A tecnoloxía transferida foi obxecto da tese doutoral de María Varela, actual responsable de innovación da empresa. O software de Insitu é un programa inserido no Big Data, tendo capacidade para procesar enormes volumes de datos de carácter xeoespacial capturados sobre grandes infraestruturas de transporte a partir de sensores móbiles láser e de imaxe. A tecnoloxía premiada fai posible unha xestión máis eficiente das vías de transporte grazas á dispoñibilidade de información “fiable e de alta calidade”. Na actualidade, o software está sendo utilizado por administracións públicas e grandes empresas españolas. A comercialización da tecnoloxía galardoada permitiulle á empresa quintuplicar a súa facturación e pasar de 20 a 30 traballadores no prazo de dous anos.
O equipo de traballo do CIQUS
O equipo de traballo do CIQUS
Pola súa banda, o premio ao mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada, dotado con 6.000 euros netos e unha axuda de 4.000 euros para a formación dun dos membros do equipo, recaeu no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e no Departamento de Química Física da Universidade de Santiago. O proxecto liderado polos doutores Francisco Rivadulla e Víctor Leborán consiste no desenvolvemento dun microsensor de temperatura ultrasensible que optimiza a identificación e caracterización dos intercambios de calor propios dos procesos químicos e biolóxicos. O seu novo sensor, bautizado como ANTS, ten como principais aplicacións o desenvolvemento de novos fármacos e produtos biomédicos, xa que permite obter información moi precisa sobre procesos de interese biolóxico.
O equipo de inestigadoras do proxecto Pescaenverde
O equipo de inestigadoras do proxecto Pescaenverde
Amais do devandito, o xurado dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía decidiu outorgar unha mención especial na categoría de investigación aplicada ao proxecto de ecoetiqueta Pescaenverde. O equipo formado por Gumersindo Feijoo, María Teresa Moreira, Ina Vázquez e Pedro Villanueva, do Departamento de Enxeñería Química da USC, foi distinguido polo desenvolvemento dunha ecoetiqueta que lle achega información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros que adquire teñen sobre o medioambiente. Segundo explicaron as responsables da iniciativa, a marca de garantía pescaenverde ten asociada un software que calcula a pegada de carbono de todas as actividades asociadas á captura e transporte do peixe, “de maneira que as empresas do sector poden transmitir aos consumidores o perfil ambiental dos seus produtos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?