Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de douscentos profesores participan nas xornadas de innovación da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de douscentos profesores participan nas xornadas de innovación da UDC

Redacción
Publicado: 08/11/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

udc_cufie_xornada_innovacion.jpgMáis de douscentos profesores da Universidade da Coruña participan estes días na terceira edición das Xornadas de Innovación Docente. E fano informándose de experiencias novas no plano educativo, abeiradas en maior ou menor medida ás tecnoloxías da información, e compartindo as súas propias iniciativas. O acto de inauguración estivo presidido polo reitor, Julio Abalde, xunto coa vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez, e o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Manuel Peralbo, centro no que se desenvolven as xornadas.
Abalde puxo o foco no “protagonismo no propio profesorado” que é o que compartirá experiencias ao longo destes dous días e o que “ten que facer o traballo de mellorar a súa metodoloxía docente que é moito máis”, indicou o reitor, “que incorporar tecnoloxía nova”.
Despois do acto inaugural, interveu Antonio Fernández-Coca, vicerreitor de Campus Dixital e Transmedia da Universitat de les Illes Balears, coa conferencia Hai que saír do armario para entrar no armario: diario dunha experiencia docente.
A Universidade da Coruña organiza por terceiro ano as Xornadas de Innovación Docente, programadas polo CUFIE (Centro de Universitario de Formación e Innovación Educativa), dependente da Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente, nas que se presentarán, ata este venres 9 de novembro, máis de sesenta experiencias docentes innovadoras, ademais de haber programadas diversas mesas de debate.
O programa de actividades deste 9 de novembro comeza ás 9.00 horas cos GiEncontros (posta en común do traballo realizado polos Grupos de Innovación Educativa da UDC) e prosegue ás 12.30 horas con sesións simultáneas de comunicacións e, unha hora máis tarde, coa entrega de diplomas da primeira promoción de profesorado novel formada co programa virtual PFI do CUFIE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?