Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo facilita co servizo de Licitación Electrónica a actividade das empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo facilita co servizo de Licitación Electrónica a actividade das empresas

Redacción
Publicado: 09/11/2018
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_sede_fachada.jpgA Deputación de Lugo segue a apostar pola modernización e transformación dixital dos procedementos administrativos, levando a cabo importantes iniciativas que neste caso van relacionadas cos expedientes de contratación pública. Nesta liña sitúase o sistema de Licitación Electrónica da entidade provincial que preside Darío Campos, que permite a presentación de propostas e ofertas por medios enteiramente electrónicos, ampliando desta maneira a transparencia e fomentando a participación de todo tipo de empresas aos procesos de contratación. Amais, con este servizo derrúbanse as barreiras que actualmente poidan supor a distancia ou a dispoñibilidade horaria.
Segundo explica a entidade provincial, coa posta en marcha da Licitación Electrónica, calquera empresa que cumpra coas condicións requiridas e que queira presentarse a un proceso de licitación, poderá achegar a súa oferta á Deputación de Lugo a través de medios electrónicos, sen necesidade de presentarse fisicamente á sede da administración lucense e as 24 horas do día mentres se atope en prazo de presentación.
traballando_computador-7.jpgA plataforma de Licitación Electrónica ofrece outras garantías, como por exemplo as que citamos deseguido:
· Meirande transparencia no proceso de contratación pública. Toda a información relativa a un proceso de contratación está publicada na plataforma e é accesible para a súa consulta pública.
· Maior seguridade. A plataforma de licitación encárgase de custodiar as propostas e de velar pola súa integridade. Desta maneira, non se poderá acceder ás ofertas presentadas ata que non se constitúa a mesa de valoración de ofertas. O sistema, ademais, garantirá que non se modifica o contido da proposta presentada a través da sinatura electrónica por parte do licitador.
· Máis dispoñibilidade e acceso, mellorando a concorrencia. O sistema está aberto a todas as empresas que queiran concorrer a Deputación, só precisan dispor dun certificado dixital en vigor e de acceso a Internet para rexistrarse na plataforma e presentar as súas propostas dentro do prazo que marque cada proceso de licitación. O sistema estará dispoñible as 24 horas do día ata o momento que se cerre a presentación de propostas.
Un regulamento a prol do dixital
A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público establece a obriga de que a presentación das propostas por parte dos licitadores nos procedementos de contratación pública se fagan por medios electrónicos, así como o resto de comunicacións entre a Administración e o licitador. Segundo fai saber a Deputación de Lugo, esta Lei reafirma e reforza o que xa se indica na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, regulamento que impulsaba e establecía os mecanismos para a comunicación e tramitación de expedientes por medios electrónicos. “Polo tanto coa implantación do sistema de Licitación Electrónica, non só estamos a modernizar e mellorar o sistema de contratación da Deputación, senón que estamos a cumprir coa norma legal vixente en materia de contratación”, engaden fontes da entidade provincial.
Previamente á entrada en vigor desta obrigación a Deputación de Lugo xa realizou importantes medidas encamiñadas á posta en marcha de este sistema de Licitación Electrónica, entre as que cómpre salientar as seguintes:
· No ano 2017 renováronse, actualizáronse e modernizáronse os sistemas de Administración Electrónica axeitándoos ao novo marco legal, desta maneira e só no que vai de ano 2018, a través da sede electrónica da Deputación de Lugo presentáronse máis de 1.525 solicitudes e asináronse dixitalmente máis de 6.500 documentos.
· No que respecta á transparencia dos expedientes de contratación, en setembro do ano 2016 a Deputación de Lugo vén a utilizar como perfil de contratante á Plataforma de Contratos do Sector Público (https://contrataciondelestado.es). Esta plataforma é ofrecida pola Administración Xeral do Estado e compártese co resto de Administracións Públicas, tanto estatais como a nivel local, onde cada entidade ten un espazo propio que é autoxestionado pola propia entidade. Ao tratarse dunha aplicación estatal que engloba información de expedientes de contratación de moitas e diversas entidades, tamén dá unha maior proxección a nivel local, estatal e incluso internacional dos procedementos de contratación que se publican na mesma. Actualmente a Deputación de Lugo segue a utilizar esta plataforma para poñer toda a información relativa aos procesos de contratación, incluíndo a información histórica de procesos xa rematados que fica a disposición do público para a súa consulta.
ordenador_traballo_tramites.jpgA Plataforma de Contratos do Sector Público anteriormente indicada, publicou e puxo a disposición das entidades locais durante o ano 2018 os servizos de licitación electrónica que posibilitan a recepción e custodia das ofertas en formato dixital, previa solicitude por parte das entidades interesadas. A Deputación de Lugo realizou todos os tramites precisos para a utilización de estes servizos e o 28 de agosto deste mesmo ano 2018, publicou e tramitou na plataforma o primeiro expediente de contratación no que se limitaba a presentación de propostas exclusivamente a través de medios electrónicos a través dos servizos que ofrece a Plataforma de Contratos do Sector Público: EXP0028SE18-SIM. Contratación da hosting e mantemento do servizo de correo electrónico, os dominios corporativos e webs externas.
Este primeiro expediente de contratación serviu para poñer a proba a plataforma de Licitación Electrónica e asentou os alicerces para os seguintes. O expediente de licitación resolveuse en dous meses dende a súa publicación na plataforma cun importe de adxudicación de 15.980,00 euros fronte a orzamento estimado de 18.000 e concorreron dous licitadores.
En vista do éxito desta primeira Licitación Electrónica, a Deputación de Lugo elevou unha instrución na pasada xunta de Goberno do 26 de outubro de 2018 pola que se aprobou a extensión do devandito sistema para todos os expedientes de contratación. Desta maneira, dende a entidade provincial desenvolveranse xornadas de difusión e información dirixidas ás empresas nas que se explique a como utilizar os novos medios electrónicos para a presentación de ofertas, e ademais, incluiranse en todos os novos expedientes de contratación unha nova cláusula nos pregos onde se obrigue ao uso dos servizos de licitación electrónica da Plataforma de Contratos do Sector Publico para a presentación das súas propostas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?