Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chegan novas axudas para equipar con banda larga ultrarrápida empresas e autónomos do rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chegan novas axudas para equipar con banda larga ultrarrápida empresas e autónomos do rural

Redacción
Publicado: 09/11/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

internet_rural.jpgQue Internet estea onde menos esperas atopalo. Este é un dos obxectivos do Plan de Banda Larga 2020 e este é, tamén, o obxectivo da nova convocatoria de axudas que vén de achegar a axencia AMTEGA para equipar con banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas da nosa terra. As axudas poderanse solicitar ata o 31 de xaneiro. A nova convocatoria, que se publicou este 9 de novembro no Diario Oficial de Galicia, forma parte (precisamente) do devandito Plan de Banda Larga 2020.
Ao abeiro deste novo paquete de subvencións, os interesados poderán presentar cadansúas solicitudes de maneira individual ou en agrupación de empresas (co fin de facilitar a dotación dos servizos ultrarrápidos ás empresas e autónomos situados en localizacións próximas). Segundo nos conta a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que dirixe Mar Pereira, esta liña de axudas complementa a lanzada en 2017, con obxectivos análogos de apoiar ás empresas e máis aos autónomos, e cun orzamento de 500.000 euros. A segunda convocatoria, a presentada este 9 de novembro no Diario Oficial de Galicia, engade á devandita contía outros 600.000 euros máis.
Segundo informa AMTEGA, as axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por proxecto. Porén, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.
Estas subvencións co-fináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 31 de xaneiro dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.
tecleando_computador_traballo_banda_larga.jpgOs principais requisitos e obrigas que deberán cumprir os solicitantes “serán non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 Mbps e manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano”. Para cada solicitude valorarase “a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo inversor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas”, segundo explica a devandita axencia autonómica.
Outras actuacións dirixidas ao espallamento de redes ultrarrápidas
O Plan de Banda Larga de Galicia 2020, puxo en marcha en xullo de 2016 unha primeira actuación para conectar en dous anos un total de 81 polígonos industriais das catro provincias galegas a redes de ata 350 Mbps, que non contan con cobertura de redes ultrarrápidas nin previsión de dispoñer deste servizo. Todo isto implicou que tralo remate do mes de outubro de 2018 contabilizáronse un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, que dispoñen de acceso a redes de máis de 100 Mbps.
Por outra banda, o Plan da Xunta conta con outra actuación que comezou neste ano 2018 para despregar fibra óptica en núcleos de 181 concellos de toda Galicia. Cun investimento público, que subvenciona o 90% dos custos dos traballos de despregue, facilitarase o acceso a redes de máis de 100Mbps a 74.400 galegos de núcleos de menos de 300 habitantes. Segundo lembra AMTEGA, esta actuación súmase ás que está a desenvolver o Estado na Comunidade, “que beneficiarán a máis de 258.000 persoas que viven en núcleos de maior tamaño”.
Plan de Banda Larga 2020
O Plan de Banda Larga de Galicia 2020 foi aprobado o 1 de outubro de 2015 no Consello da Xunta, e asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?