Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Martiño Noriega visitou as instalacións en Compostela de Televés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Martiño Noriega visitou as instalacións en Compostela de Televés

Redacción
Publicado: 09/11/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

martino_noriega_televes.jpgO alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visitou esta semana a sede principal dunha das empresas compostelás máis históricas e sobranceiras en activo: Televés. Na cita nas instalacións da compañía de telecomunicacións, no barrio de Conxo, tamén participaron a concelleira Marta Lois, o director xeral corporativo de Televés, Santiago Rey, e o secretario xeral da corporación, Jorge Lorenzo.
A visita do alcalde e da concelleira de Desenvolvemento Económico inseriuse no marco das relacións institucionais entre o Concello e Televés, en palabras do alcalde “unha das principais compañías de Compostela”, que a día de hoxe rolda os 800 empregados nas empresas que forman parte da corporación.
Martiño Noriega e Marta Lois puideron coñecer en detalle as orixes da compañía e o seu desenvolvemento no tempo, abeirado un proceso continuo de innovación, diversificación e busca de novos mercados (Televés ten presenza de seu en máis de 100 países a través das súas 11 filiais internacionais).
martino_noriega_na_sede_de_televes.jpgA maiores, Santiago Rey e Jorge Lorenzo guiaron ao alcalde e á concelleira nun percorrido polas instalacións de Conxo, no que puideron ver os diferentes departamentos de Televés e coñecer algúns dos proxectos innovadores nos que está a traballar. Martiño Noriega mostrou o seu orgullo “porque unha empresa de Compostela sexa líder no seu sector e referente en todo o mundo, mantendo o seu núcleo na nosa cidade”. Tamén amosou a vontade do seu equipo de tirar proveito “do coñecemento e a experiencia de Televés para colaborar en proxectos de interese para Santiago”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?