Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaLe supera os 4.100 usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaLe supera os 4.100 usuarios

Redacción
Publicado: 12/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiciale_novembro_2018.jpgA plataforma de préstamo de libros e revistas en formato electrónico GaliciaLe cumpre catro anos facilitando o acceso de toda a cidadanía á cultura en calquera momento e lugar a través de internet, ofrecendo un amplo catálogo de libros, revistas e películas en formato electrónico. Trátase dun servizo consolidado entre os usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, tanto polo número de préstamos como polo número de persoas que fan uso do mesmo.
No que vai de ano xa se superou o número de préstamos con respecto ao total do ano pasado, rexistrando un incremento de preto do 50% e situándose esta cifra nas 24.356 publicacións prestadas. Cómpre destacar que no 2015 (primeiro ano completo desde a posta en funcionamento do servizo) o número de préstamos situábase nos 13.218, o que se traduce nun incremento superior ao 84%.
Así mesmo experimenta unha evolución positiva o número de lectores, pasando dos 3.117 no ano 2015 aos 4.123 na actualidade, o que supón un incremento do 27%.
A colección dispoñible está constituída por 2494 títulos (o 91% son libros electrónicos) e con periodicidade incorpóranse novos títulos e formatos que comprenden tanto novidades editoriais como clásicos da literatura, así como obras en catalán, éuscaro ou portugués entre outras linguas. GaliciaLe caracterízase pola súa diversidade, aglutinando diversas temáticas como ciencia, literatura, tecnoloxía, historia ou filosofía entre outras, cunha distribución de 1938 títulos de ficción e 556 de non ficción.
galiciale_peliculas-2.jpgA heteroxeneidade do catálogo tamén se materializa na variedade do público ao que se dirixe, de xeito que 2049 títulos están destinados a persoas adultas e os 445 restantes a público infantil e xuvenil.
As películas representan o 3% da colección e neste 2018 incorporáronse 77 títulos de produtoras galegas ou nas que participan produtoras galegas.
Ao longo destes catro anos, a Xunta de Galicia levou a cabo diversas accións para potenciar e promocionar GaliciaLe como a campaña de difusión A biblioteca vai contigo e o incremento do orzamento destinado á adquisición de títulos e un maior número de licenzas, de xeito que máis lectores poidan acceder a unha mesma obra simultaneamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?