Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mauro Fernández Dabouza será o novo director do CESGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mauro Fernández Dabouza será o novo director do CESGA

Redacción
Publicado: 12/11/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

maurosupercomputacion.jpgO padroado do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) do pasado día 3 de outubro aprobou por unanimidade o nomeamento do novo director-xerente do centro, en substitución de Javier García Tobío, xubilado recentemente. O novo director do centro será Mauro Fernández Dabouza, técnico superior diplomado en Informática da Xunta (antigo analista-programador) que posúe o diploma do Curso Superior en Dirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información (FEGAS) e pertence á Escala Técnica Auxiliar de Informática e ao Corpo Administrativo da Xunta. Ocupou diversos postos na Administración Pública e nos últimos nove anos, dende xuño de 2009, exerceu de director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) da Consellería de Facenda.
Entre as funcións que desempeñou como director do CIXTEC figuran: propoñer as liñas estratéxicas de actuación e o programa anual, a elaboración dos orzamentos, memoria e balance, elaborar a proposta de estrutura e dotación de persoal. Durante dous anos, desempeñou o cargo de consultor independente na Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid na planificación da informatización de sete hospitais madrileños.
Así mesmo, durante doce anos, de 1995 a 2007, ocupou a xefatura de sección do Centro de Servizos Tecnolóxicos do Sergas, planificando e coordinando as iniciativas TIC da Consellería de Sanidade e do Sergas. E, con anterioridade, dende 1989 ata 1995, traballou como técnico de sistemas no centro de proceso de datos da Xunta. Ademais, achega unha experiencia de tres anos na empresa privada e realizou relatorios e presentacións en congresos sobre temáticas como a transformación dixital das administracións públicas ou as aplicacións tecnolóxicas para o sector sanitario.
Como director-xerente do CESGA correspóndenlle, entre outras tarefas, dirixir a organización e actividades científicas, de innovación e servizos do centro; xestionar a captación de fondos; elaborar o orzamento anual; desenvolver a política de persoal e informar regularmente ao padroado dos resultados da súa xestión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?