Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e o CB Breogán visualizan na Rede o labor da Cruz Vermella
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e o CB Breogán visualizan na Rede o labor da Cruz Vermella

Redacción
Publicado: 14/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_breogan_cruz_vermella_alianza.jpgA Deputación de Lugo e o CB Breogán están a pechar fileiras arredor da Cruz Vermella: mostrando o seu importante labor social, humanitario e solidario e, sobre todo, buscando novos apoios para seguir impulsando este labor. Con este motivo, Deputación e Breogán comprometéronse para que o vindeiro partido do club sexa adicado a pór en valor o traballo da organización. Estes apoios vanse materializar, tamén, en cuñas, pezas audovisuais e informacións a difundir nos espazos en liña das ditas entidades, sendo o foco principal de contidos a web do club celeste, www.cbbreogan.com, e as redes sociais nas que ten presenza.
A iniciativa foi presentada hoxe polo deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o presidente da Cruz Vermella en Lugo, Luís Abelleira Mayor e o director deportivo do CB Breogán, Enrique Fernández Fraga. Trátase, segundo fixeron saber, “dunha unha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación”.
Nun plano máis concreto, a iniciativa consistirá nun partido (o deste domingo) cun importante compoñente solidario. “Queremos aproveitar esta cita deportiva como un medio de activación social, para sensibilizar aos milleiros de seareiros que seguirán o encontro e comprometelos no importante labor humanitario que esta organización realiza na nosa provincia”, sinalou López Izquierdo, engadindo que “dende o Executivo provincial consideramos que a acción solidaria desta ONG é fundamental para ter unha sociedade máis xusta e inclusiva, e para protexer e axudar ás persoas máis vulnerables”.
deputacion_lugo_cruz_vermella.jpgDurante o encontro que o CB Breogán disputará o domingo, ás 16:00 horas, no Pazo dos Deportes contra o Tecnyconta Zaragoza, difundiranse cuñas e spots para mostrar á sociedade lucense e galega o labor da organización, que terá tamén á súa disposición as instalacións do edificio para instalar puntos de información.
Como dixemos, desde hoxe e ao longo de toda a semana, o club celeste adicará un recanto dixital específico na súa web oficial para promover entre os afeccionados os distintos programas nos que traballa Cruz Vermella.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?