Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A xornada final de Tech Kids contará coa participación de 200 rapazas e rapaces
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A xornada final de Tech Kids contará coa participación de 200 rapazas e rapaces

Redacción
Publicado: 14/11/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tech_kids_cpeig.jpgEsta finde, o 18 de novembro, a Cidade da Cultura será un fervedoiro de tecnoloxía divertida e creativa. O motivo? A celebración da xornada final do programa Tech Kids, unha iniciativa itinerante que percorreu a nosa terra os meses pasados mostrando á rapazada a importancia de programar e ter coñecementos teorico-prácticos de informática, ciencia e robótica.
Tanto a cita final de Tech Kids coma as xeiras previas viñeron da man do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A sesión deste 17 desenvolverase pola mañá, a partir das 11.00, no Hall de Tirantes do Museo da Cidade da Cultura, en Santiago. Participarán unhas 200 persoas.
A actividade está destinada a “estimular o talento precoz no ámbito das Tecnoloxías da Información e Comunicacións, as TIC, así como fomentar o atractivo vocacional de profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova”.
En concreto, como dixemos, a organización ten prevista a participación de aproximadamente 200 rapazas e rapaces de entre 10 e 17 anos. Organizarase unha xincana tecnolóxica con tres sets independentes: vídeo-mapping interactivo, panel de chroma key e jam musical, ademais de varios talleres de drons. O evento será gravado, precisamente, cun vehículo aéreo non tripulado e crearase un vídeo de promoción que servirá de peche á xornada educativa e lúdica. Os asistentes recibirán unha bolsa de picnic e terán zona de xogos dispoñible para o seu esparexemento.
No set de vídeo-mapping interactivo, os participantes poderán controlar en tempo real distintas figuras xeométricas proxectadas, sen tocar ningún dispositivo e utilizando as tecnoloxías madmapper, leap motion e midifighter. O sistema, en palabras das entidades organizadoras, un crebacabezas interactivo onde os rapaces deberán organizar os cadros de maneira que se mostre correctamente a proxección resultante, co obxecto de compoñer un vídeo nas caras frontais dos cubos mediante movementos aéreos.
No panel de chroma key, a rapazada posará diante dun sistema de subtracción de fondo para aparecer dentro dun escenario proxectado en tempo real. Disporase dunha pantalla de fondo verde para que os participantes se poidan ver dentro dun escenario, imaxe que será proxectada nunha parede do recinto.
Polo que respecta á jam musical, as mozas e mozos participantes poderán tocar música mediante un sistema informático de música en directo, configurado para que ata tres persoas participen de xeito simultáneo. O sistema restrinxirá as escalas musicais dos instrumentos e recolocará a posición das notas.
Os rapaces poderán participar tamén en obradoiros teórico-prácticos de drons aéreos e terrestres, onde se lles explicará todo o relacionado co uso legal destes aparellos, así como conceptos básicos de electrónica, mecánica e responsabilidade. O obxecto é “que a nosa mocidade coñeza este sector e as súas posibilidades laborais”. Ofrecerase unha exhibición de voo de drons de diferentes tamaños na que participarán os máis pequenos.
Ademais de todo o devandito, a xornada contará cunha conferencia sobre novos escenarios e contidos virtuais, que impartirán o director e fundador do Festival Internacional de Animación, Videoxogos e Infoarquitectura, Mundos Digitales, Manuel Meijide, e o co-fundador da produtora audiovisual Illusorium Studios, Raúl Rocha, ás 12:00 horas.
673 rapaces participaron en 57 xornadas
O CPEIG e AMTEGA organizaron nos meses de xullo, agosto e setembro unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos ou películas de animación, enmarcadas no programa Tech Kids, destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega. Organizáronse 57 xornadas nas aulas CeMIT de diversos concellos das catro provincias galegas nas que participaron 673 alumnas e alumnos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?