Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As competencias dixitais cobran protagonismo en Talentia 2018
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As competencias dixitais cobran protagonismo en Talentia 2018

Redacción
Publicado: 14/11/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

santiago_talentia.jpgEstes días o Palacio de Congresos de Santiago ferve de talento profesional. E, tamén, de novas oportunidades dixitais para formarmos, actualizarnos, mellorar o noso currículo e, tamén, pasar a forma parte dun proxecto empresarial innovador. Estamos a falar da edición 2018 de Talentia, o salón de emprego impulsado pola Axencia Local de Colocación e inaugurado onte polo alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Emprego, Marta Lois. Na cita, que se desenvolve ao longo deste 14 de novembro (dende onte), están a participar 1.150 persoas. O obxectivo é xestionar 360 postos de traballo.
Talentia 2018, que busca tender pontes entre solicitantes e demandantes de emprego, constitúe, en palabras de Marta Lois, “un paso adiante para reflexionar sobre o talento dos homes e mulleres que están en situación de procura de emprego”.
santiago_talentia_asistentes.jpgEntre outras cousas, inclúe catro espazos de formación, traballo e networking: Conecta o teu talento (onde se xestionan as ofertas de traballo publicadas pola Axencia Local de Colocación e de empresas de todo tipo de sectores levando a cabo os seus procesos de selección no propio Pazo de Congresos), Certifica o teu talento (achegando un espazo para a obtención de acreditacións relacionadas con oficios e con competencias dixitais), Proxecta o teu talento (onde podemos participar en obradoiros que permitan reforzar o noso talento, así como en sesións de mentoring individual e grupal con profesionais e expertos/as de diversos sectores) e Descobre o futuro do teu talento (con empresas presentando os seus programas de captación, acollida e retención das capacidades de cada quen).
Segundo informaron Noriega e Lois, Talentia toma o relevo dos foros de emprego que se viñan impulsando en anos anteriores dende o Concello, e que dende 2010 conseguiron xestionar case 150 postos de traballo e contar con mil participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?