Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A AMTEGA publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web

Redacción
Publicado: 16/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O equipo de AMTEGA responsable da liberación do arquetipo corporativo
O equipo de AMTEGA responsable da liberación do arquetipo corporativo
O arquetipo corporativo da axencia AMTEGA, de cuxa liberación en clave Java falamos o pasado inverno en Código Cero (salientando os importantes vieiros de re-aproveitamento deste recurso que se abrían para outras entidades e comunidades de desenvolvedores), vén de dar hoxe unha nova ración de boas novas. O motivo? Pois segundo nos conta o equipo da axencia responsable da súa liberación en febreiro, agora o programa publícase como software libre (con licenza como tal) para o desenvolvemento de servizos web. A axencia AMTEGA habilitouno, a disposición das comunidades, no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia.
Segundo explica a entidade autonómica, o gran obxectivo de ter ceibado o arquetipo é, ante todo, beneficiar aos desenvolvedores, sexan de entidades públicas, empresas ou particulares, ampliando e fortalecendo os seus propios recursos para a creación de novos servizos. O alicerce da liberación é avanzar nos principios da reautilización e do coñecemento compartido, amais de na estandarización. Por outra banda, outro dos obxectivos é facer que o traballo de liberación das novas ferramentas que xurdan a partir do programa-esqueleto de AMTEGA, “sexa moito máis áxil e sinxelo”.
forza_servizos_web_detalle.jpgA axencia tamén confirmou que se trata da segunda iniciativa desta índole que se leva a cabo dende AMTEGA, sendo a primeira a que citamos ao comezo deste texto: o ceibado do arquetipo para a materialización de aplicacións en Java Spring Web.
O código fonte posto a disposición das comunidades e particulares incorpora o esqueleto para o desenvolvemento de novos servizos web e tamén novas versións de compoñentes transversais que se empregan dentro da AMTEGA e que poden ser reutilizados en moitos casos de uso.
A axencia, poñéndonos en situación, tamén explica que o arquetipo pódese entender como un esqueleto base común para a creación de servizos web, que incorpora un alicerce firme a partir do cal é posible dar forma a funcionalidades máis específicas.
forza_servizos_web-2.jpgEste arquetipo xurde como un obxectivo interno de homoxeneizar e estandarizar todos os servizos web que se desenvolven internamente, cumprindo tamén cos estándares Java da AMTEGA, o que facilita tamén o traballo aos provedores tecnolóxicos, e fomentar tamén na comunidade o desenvolvemento e reutilización de compoñentes transversais.
A liberación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia e contou coa participación da Oficina de Software Libre da AMTEGA, que elaborou un informe técnico que garante a viabilidade xurídica da liberación e as condicións nas que se pode realizar. O Arquetipo publícase cunha licenza libre ASLv2 (Apache Software License version 2) e tamén baixo a EUPL (European Union Public License).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?