Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC pon en marcha o Campus Innova para as áreas TIC e tecnoloxías innovadoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC pon en marcha o Campus Innova para as áreas TIC e tecnoloxías innovadoras

Redacción
Publicado: 16/11/2018
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

julio_abalde_dsh8_xpwwamcvyk.jpgO reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentou hoxe o Campus Innova, a última das tres especialidades universitarias que permitirán «cumprir as complexas responsabilidades que asumimos coa sociedade nunha economía baseada no coñecemento», segundo avanzou Abalde no acto de presentación do último dos tres campus especializados, logo da posta en marcha do Campus Industrial e o Campus Sustentabilidade.
O acto de presentación do Campus Innova foi presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e contou tamén coa participación do alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, e a coordinadora do Campus Innova, Susana Ladra. A especialización da universidade vai na liña da singularización que reclama a Unión Europea e que se reflicte na Lei do Sistema Universitario Galego. A contribución das universidades á innovación é ademais unha das directrices prioritarias determinadas na Axenda Renovada para a Educación Superior.
20181116_campus_innnova_01.jpgDurante o acto de presentación o presidente da Xunta aseverou que o Campus Innova aspirará a poñer o seu selo de innovación nas tecnoloxías da información e a comunicación, na edificación e a enxeñaría civil, e nas TIC aplicadas ás humanidades e contidos dixitais, e precisou que o seu plan estratéxico se realizou entre a Xunta e a Universidade.
Feijoo asegurou que o Campus Innova é o punto de chegada dun proceso que no seu inicio ten unha idea motriz e matriz: a unidade de esforzos. E concluíu sostendo que todo isto é posible, entre outros factores, pola estabilidade que proporciona o Plan galego de financiamento universitario 2016-2020 que, dotado con preto de 2.500 millóns de euros, ademais de garantir a suficiencia financeira, establece novos criterios de transparencia, prima a eficiencia e impulsa financiamento vencellado a obxectivos.

Cidade da Tecnoloxía Dixital

A Universidade da Coruña, a través do Campus Innova, quere ser, desvelou o reitor, axente activo dese ecosistema innovador baseado no talento e no coñecemento no mundo tecnolóxico e dixital. «Un ecosistema innovador baixo a cultura da colaboración e a cooperación competitiva sen dúbida aumentará a capacidade de multiplicación do sector dixital e tecnolóxico galego e, por ende, dos demais sectores cos que colabora. Un entorno que potencie o emprendemento a través do apoio ás start–ups e spin offs de base universitaria favorecendo a retención do talento xerado nos nosos centros universitarios e atraer talento internacional. Un ecosistema onde Universidade, centros tecnolóxicos especializados e empresas xeren sinerxías que convertan A Coruña, e a súa área metropolitana, nun polo de innovación dixital e tecnolóxico con visión internacional. Unha auténtica Cidade da Tecnoloxía Dixital onde a revolución tecnolóxica na que estamos non sexa unha ameaza senón un elemento de cohesión da sociedade», manifestou o reitor.
A Universidade da Coruña está a impulsar decididamente un modelo universitario no que a especialización lle permita un posicionamento máis reforzado no contexto nacional e internacional. Logo da posta en marcha do Campus Industrial de Ferrol en 2016, e da primeira das especialidades do campus coruñés, o Campus Sustentabilidade, este mesmo ano, conclúe agora o proceso de especialización da Universidade da Coruña co Campus Innova.
susana_ladra_dsh55fzwsaauwmn.jpgA coordinadora do Campus Innova, Susana Ladra, destacou na súa intervención que «desde o Campus Innova avanzarase no coñecemento científico e tecnolóxico co obxectivo de impulsar a innovación e incrementar así, a competitividade e o benestar da nosa sociedade». Así mesmo, salientou a excelencia das escolas, facultades e centros de investigación da Universidade da Coruña que se integran neste Campus.
O principal obxectivo do Campus Innova é consolidar a Universidade como un polo de excelencia rexional, nacional e internacional na innovación dixital, tecnolóxica e humanística que forman as tres áreas vinculadas a este campus: Innova TIC, centrada nas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións nomeadamente a ciberseguridade, a intelixencia artificial, a análise e xestión de datos, especialmente en contornas Big Data, e a bioinformática; Innova TECH, referente a tecnoloxías innovadoras en ámbitos como a enxeñaría civil, a edificación, a aeronáutica ou a bioloxía avanzada; e Innova HUMANITAS, que ten como obxectivos a innovación e desenvolvemento de servizos, contidos e infraestruturas dixitais para a educación, o turismo e o lecer, así como a conservación, recuperación e difusión do patrimonio histórico e cultural.
20181116_campus_innnova_02.jpgAo remate da presentación do Campus Innova, o presidente da Xunta de Galicia, o alcalde e as autoridades académicas se trasladaron ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), no Campus de Elviña. Este centro de investigación foi ampliado recentemente, o que lle permitiu duplicar o número de laboratorios de investigación, que pasou de cinco a dez. Ademais, a Xunta de Galicia acaba de concederlle unha agrupación estratéxica de investigación en Enxeñería Civil e Edificación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?