Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar e Euskaltel teñen a mellor banda larga segundo un estudo da Asociación de Internautas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

Movistar e Euskaltel teñen a mellor banda larga segundo un estudo da Asociación de Internautas

Redacción
Publicado: 16/11/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

logos-operadoras.jpgO Estudo sobre Banda Larga Fixa e Móbil elaborado pola Asociación de Internautas examina a calidade da banda larga en España (BL) e ofrece un retrato dos aspectos máis destacados da valoración dos grupos que operan no mercado, diferenciando tipo de redes (ADSL, cable e fibra), así como acceso fixo e móbil.
A calidade na Banda Larga Móbil (BLM) é a que penaliza as puntuacións globais dalgúns operadores: Grupos Vodafone e Orange, pero tamén R, Telecable e MásMóvil. Non obstante, a Banda Larga Fixa (BLF) non está exenta de problemas: os servizos converxentes, as avarías e o seu tratamento, e os caudais de descarga e subida. En consecuencia, pódese concluír que a banda larga, tanto móbil como fixa, presenta, desde o punto de vista da calidade, grandes diferenzas.
A calidade aporta un elemento de estabilidade (require investimentos continuos para que os progresos se consoliden), fronte á volatilidade dos prezos con múltiples cambios no ano.

Conclusións do estudo

Os resultados reflicten grandes diferenzas entre operadores. Só Movistar supera os 7 puntos e Euskaltel achégase a eles (6,91). O resto de grupos non alcanza os 6 puntos, uns resultados moi discretos cunha ampla marxe de mellora, tanto na súa modalidade fixa como móbil, aínda que sobre todo na segunda, xa que nela cinco dos sete operadores examinados (Grupos Orange, Vodafone e MásMóvil e os operadores R e Telecable) non alcanzan os 5 puntos. Unhas diferenzas que se sustentan nos servizos converxentes, as avarías, a banda larga móbil e os caudais de descarga e subida.

A Banda Larga Móbil
é o servizo que máis condiciona a valoración do acceso a Internet. Xa sexa como
servizo combinado con servizos de voz móbil, que a finais de 2017 alcanzaban os
42,5 millóns de liñas, ou como oferta empaquetada de catro ou cinco servizos
presentes en 11,7 millóns de fogares, o 80% dos que teñen banda larga.
Tendo en conta a súa
penetración, é especialmente revelador a porcentaxe de reclamacións sobre os
servizos converxentes, presentadas ante a OAUTEL (Oficina de Atención aos
Usuarios das Telecomunicacións) en
relación cos mesmos. Vodafone (6,86) é o que máis rexistra, multiplicando por
3,6 veces as de Movistar (1,91). Tamén en relación co móbil cabe destacar que a
frecuencia das reclamacións oscila entre o 5,47% de Jazztel e o 1,60% en
Movistar.
Por outra banda, do
volume de reclamacións presentadas ante a OAUTEL, as avarías e interrupcións representan
o 16% aproximadamente nas comunicacións fixas; o 4,4% das móbiles e preto do 9%
das de servizos converxentes. En consecuencia, é transcendente contar cun
servizo técnico que liquide as avarías en prazos razoables. Con todo, en BLF Vodafone
emprega 111 horas, máis de 4 días fronte ás 37 de Movistar mentres que
Euskaltel e R móvense ao redor das 50 horas.
Neste mesmo capítulo
de avarías, é significativo a porcentaxe das reparadas no prazo obxectivo (48
horas xeralmente) que pode oscilar entre o 84% de Jazztel ou o 99% de Movistar,
poñendo de manifesto o dimensionamento do servizo.
Os índices de avaría,
dependendo se é algo puntual ou
continuado, poden revelar renovación de redes e aparellos, ou un deixamento da
atención destes elementos. Nesta ocasión os índices oscilan entre os 2,09 de
ONO e os 4,60% de Movistar.
O caudal de descarga
ou subida nas ofertas do móbil é un dos puntos débiles do acceso a Internet: a
máis velocidade ofertada, menos caudal. Con carácter ilustrativo baste dicir
que Movistar consegue un 70% de descarga nas ofertas de 21 Mbps e Yoigo o 27%
na súa oferta de 111 Mbps. Na subida ocorre algo parecido: desde o 70% de
Vodafone nos 5,10 ao 37% de Orange en 50 Mbps.
O déficit de caudal
presente na BLF se irá corrixindo a raíz da proliferación das liñas de alta
capacidade nas que se conseguen caudais de descarga superiores ao 95%, salvo
Euskaltel e R que apenas superan o 90%. Na subida, a maior parte de operadores
está entre o 95% ou máis de caudal, salvo R que non chega ao 90% e Telecable
que supera lixeiramente o 80%.
No entanto, na BLF
os caudais de descarga en ADSL aínda presentan severos déficits nalgúns
operadores, como Jazztel (72%). No outro extremo Movistar aproxímase ao 80%. Na
subida os rexistros non son moi diferentes desde o 80% de Movistar, ao limiar
do 70% do resto de operadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

WhatsApp facilitará a contratación de tarxetas eSIM de viaxe

27/11/2026
Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?