Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor de 300 persoas celebraron os 25 anos do CESGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arredor de 300 persoas celebraron os 25 anos do CESGA

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/11/2018
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

25_anos_do_cesga_feijoo.jpgArredor dunhas trescentas persoas, entre investigadoras e investigadores, docentes, profesionais das novas tecnoloxías e representantes das administracións, participaron hoxe nun dos grandes actos conmemorativos do ano, non só do ámbito da informática: a celebración do 25 aniversario do Centro de Supercomputación de Galicia. O acto tivo o seu epicentro na Facultade de Dereito de Santiago, cuxo salón de actos viuse ateigado de representantes da nosa vangarda dixital, de homenaxes (por exemplo a moi sentida homenaxe adicada ao que foi ata este ano o director do CESGA, Javier García Tobío) e, sobre todo, de xanelas a un futuro que promete ser tan interesante, ou mellor aínda, que estes 25 anos de cálculo avanzado galego festexados hoxe.
Na cita participou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que cualificou o CESGA como un referente galego e estatal en materia de pontes: pontes entre a alta tecnoloxía e as empresas e pontes entre os achados da nosa comunidade investigadora, por unha banda, e o tecido empresarial, pola outra. “No CESGA”, comentou “temos a proba palpable de que en Galicia a ciencia, a tecnoloxía e a innovación, é dicir, todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i, traballan na mesma dirección”, dixo, ao mesmo tempo que avogou “por consolidar este esforzo conxunto e conseguir que se traduza nun sistema máis competitivo e con maior capacidade de innovación”.
cesga_25_anos_1.jpgO titular do Goberno galego tamén debuxou unha xanela ao futuro, salientando que na segunda década deste século o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia desempeñará un papel crucial, “xa que a supercomputación, a informática de altas prestacións, é a gran ferramenta desta era dixital, que sustenta a industria conectada, a Industria 4.0, e todos os avances que comporta, como a robótica, a Intelixencia Artificial ou a Impresión 3D”. Asemade, dixo que o cálculo de alto rendemento pon en xogo o alicerce preciso para avanzarmos na predición meteorolóxica; na previsión diaria do estado do mar ou no secuenciado xenético. Todas elas, engadiu, son áreas de traballo nas cales o CESGA colabora con MeteoGalicia, con Portos do Estado, co Programa Europeo de Observación Terrestre Copernicus, coa Fundación Pública Galega da Medicina Xenómica, ou co Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA). Para avanzar en todo isto, o presidente anunciou que en 2019 iniciaranse os traballos para a licitación dun novo ordenador “que adquiriremos entre o CSIC e a Xunta para que estea en funcionamento en 2020, co obxectivo de que o CESGA siga estando na elite dos centros de supercomputación”.
Na cita conmemorativa tamén participou a presidenta do CSIC, Rosa Menéndez López, que incidiu en que a través do CESGA “a Xunta e o CSIC fixeron unha aposta de futuro”. E engadiu: “Mantivemos e confirmamos esta aposta, recentemente, no novo plan de ICT, cuxo mapa vén de ser ratificado e no que o CESGA participa ademais na Rede Española de Supercomputación”.
cesga_25_anos_martino_noriega.jpgOutro dos persoeiros que interveu nas celebracións foi o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que expresou o seu orgullo polos fitos acadados polo CESGA, que ten a súa sede en Compostela, amais de felicitar ao novo director do centro, Mauro Fernández Dabouza, ao que desexou a mellor das andainas. Tamén amosou o seu desexo de colaborar da maneira máis estreita posible co CESGA, sobre todo agora que Compostela quere estar na vangarda das Cidades Intelixentes europeas. Asemade, salientou que o CESGA demostra “que o investimento en I+D non é só necesario, senón imprescindible”.
cesga_25_anos_mauro_fernandez.jpgUn dos puntos álxidos das celebracións foi a intervención do novo director do CESGA, Mauro Fernández Dabouza, que fixo un percorrido pola historia do centro e as súas orixes, nun intre (hai 25 anos), en que o CESGA xurdiu como o centro de cálculo avanzado máis referencial, a nivel de capacidades e equipamentos, de cantos centros destas características había naquel tempo en España. O novo responsable do CESGA falou dos fitos deste, moitos e variados, e tamén enumerou algún dos seus principais desafíos: seguir sendo un referente en supercomputación e cálculo de alto rendemento pero tamén en Machine Learning (aprendizaxe máquina), Deep Learning, Internet das Cousas, analítica de información a gran escala (Big Data), predición meteorolóxica avanzada, Industria 4.0, loita contra o cambio climático e contra os desastres naturais ou computación cuántica (a gran tecnoloxía do futuro, dixo), entre outros moitos eidos de acción encamiñados a incrementar a facer un mundo mellor e con máis calidade de vida.
As orixes
O CESGA foi inaugurado o 10 de maio de 1993. Ao longo da súa andaina, foi recoñecido como Infraestrutura Científico–Técnica Singular Española (no ano 2008, polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade) e ten figurado nunha decena de ocasións entre os 500 supercomputadores máis potentes do mundo.
A súa misión é “contribuír ao avance da ciencia e da tecnoloxía en beneficio da sociedade”. Así, desde a súa creación o CESGA desenvolve e xestiona a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, unha infraestrutura de comunicacións avanzadas para Galicia que interconecta a práctica totalidade dos axentes no sistema de I+D+i en Galicia.
Hoxe, en coordinación coa RedIRIS, a rede española que proporciona servizos avanzados de comunicacións á comunidade científica e universitaria, o CESGA xestiona as súas propias liñas de fibra escura e proporciona conexións internacionais vía Portugal. Así mesmo, desde 2007 o CESGA acolle o supercomputador Finis Terrae, un referente internacional en canto a cálculo científico e técnico en supercomputación de memoria compartida.
Para dar unha idea do que ofrece o centro, tan só no 2017 máis de 135 proxectos de I+D+i beneficiáronse dos servizos avanzados en cómputo, almacenamento e comunicación ofrecidos polo CESGA. Ademais, nos últimos anos, o centro vén traballando cunha media de 70 empresas, centros tecnolóxicos privados e asociacións empresariais ao ano.
O centro, amais, constitúe na actualidade un dos principais nodos da Rede Española de Supercomputación (RES), que interconecta os máis referentes supercomputadores españois co fin de ofrecer recursos de computación á comunidade científica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?