Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emprego e emprendemento, entre os piares básicos dos orzamentos da Deputación de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Emprego e emprendemento, entre os piares básicos dos orzamentos da Deputación de Lugo

Redacción
Publicado: 20/11/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_lugo_orzamentos-2.jpgA Deputación de Lugo presentou hoxe a súa proposta de orzamento para 2019, que levará ao pleno de novembro para a súa aprobación inicial e que vén cunha contía de 88,4 millóns de euros para os 67 concellos da provincia. Os datos (contías, eidos de actuación, iniciativas concretas) foron dados a coñecer polo presidente, Darío Campos, o vicepresidente, Argelio Fernández, e maila deputada de Economía, Mayra García Bermúdez. Segundo fixeron saber, os investimentos previstos seguirán a certificar o papel da Deputación como “motor económico e social” de Lugo. Tamén explicaron que no orzamento da Deputación xa figura a Fundación TIC (que deixou recentemente de ser un organismo dependente “sen incrementar ningún tipo de custe”) e que unha parte importante do mesmo, 10 millóns de euros, irán destinados a fomentar o emprego e o emprendemento.
Da devandita cantidade, 3 millóns serán para a terceira edición do DepuEmprego (contía á que se chegará con remanentes ao abeiro do Plan Único) e 1,7 millóns son para asumir os custos laborais de case 25 lucenses menores de 30 anos co plan de Primeira Oportunidade da Deputación; os custes de entre 40 e 50 desempregados lucenses que se incorporarán aos equipos profesionais de colectivos sociais co TecendoEmprego; así como para os primeiros Premios de Emprendemento (que recibirán 5 novas empresas do rural lugués para a súa posta e marcha) e, finalmente, para cursos de formación sobre nichos de emprego na provincia, como a gandeiría, aproveitamento forestal ou agricultura ecolóxica, entre outros.
Segundo lembrou a Deputación, tamén se incorporarán 200.000 euros para Ben Empregado IV e os 150 lucenses que estaban no paro e que traballan nas empresas e os colectivos que participan no dito programa de emprego provincial, cuxos contratos seguirá a asumir a Deputació ata xuño.
Amais, os concellos da provincia teñen pendente de executar 2,6 millóns de euros da segunda edición do DepuEmprego para xerar novos postos de traballos nos municipios. Estes fondos tamén pasarán ao novo orzamento provincial.
Respecto da educación, outro dos grandes piares do roteiro da Deputación para 2019, a entidade provincial informou dun incremento dos fondos destinados ao Campus de Lugo (a través do Plan de Choque) que achega unha contía de case 500.000 euros. Amais, dirixiranse 210.000 euros ao Rof Codina e á facultade de Relacións Laborais; e uns 340.000 euros á actividade da UNED. Por outra banda, 1,6 millóns serán para a Escola de Imaxe e Son (Fundación TIC), en palabras da Deputación “a única pública na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, mantendo a matrícula gratuíta a non repetidores”.
Por outra banda, seguindo co fío da docencia, a Deputación fornecerá os conservatorios de Vilalba, Monforte e Viveiro con 45.000 euros. No apartado de subvencións nominativas, inclúense axudas por valor de case 100.000 euros para o desenvolvemento de distintas actividades e proxectos educativos na provincia en colaboración con distintas colectivos. Por exemplo, coa Real Academia de Ciencias, a Real Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, a Real Academia de Belas Artes, a Fundación Antonio Gandoy, a Asociación Educando en Familia ou o IES Foz para o Concurso Internacional de Baristas, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?