Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Axenda Dixital Post-2020 incluirá un polo Gaiás-Dixital e un Comité de intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Axenda Dixital Post-2020 incluirá un polo Gaiás-Dixital e un Comité de intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 21/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20181121_feijoo.jpgDurante o acto de inauguración da Mobile Week o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, avanzou que Galicia empezará a traballar na Axenda Dixital Post-2020, que contará cun polo Gaiás-Dixital e cun Comité de intelixencia artificial. Precisou que esta estratexia contará con tres obxectivos: reforzar o papel de liderado do sector público para buscar respostas novas ao desafíos actuais e futuros, empregando todo o potencial da tecnoloxía; impulsar a capacitación de novos perfís especializados adaptados aos cambios no mercado laboral e atraer talento dixital; e aproveitar o potencial das novas tendencias tecnolóxicas fomentando o emprendemento e o crecemento das ideas.
Nesa estratexia, aseverou que o polo Gaiás-Dixital será o nodo rexional de referencia nas redes transeuropeas e permitirá abrir portas cara á compartición de infraestruturas tecnolóxicas no marco do mercado dixital único que promove a Unión Europea.
Así mesmo, e para analizar o potencial que se atopa na intelixencia artificial, capaz de impulsar novos modelos de traballo ou de prestar servizos públicos, subliñou que se creará un comité de expertos en diferentes disciplinas que permitirá unha análise rigorosa que calibre as oportunidades de aplicación e desenvolvemento e as medidas lexislativas nas que cómpre adiantarse.
«Queremos que Galicia teña voz nas tendencias tecnolóxicas de futuro», dixo, subliñando que o Consello da Xunta aprobou o Plan Galicia 5G e acaba de constituír un nodo rexional de cooperación con tres multinacionais e un operador público 5G.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico subliñou que a Axenda dixital de Galicia permitiu: máis conectividade, a través dunha lei galega que apoia estas infraestruturas e un investimento que en 2020 superará os 250 millóns de euros, o que converte a comunidade na terceira autonomía con mellor cobertura 4G; unha Administración máis dixital, que se consolidará coa aprobación nos próximos meses da Lei de Administración dixital; e unha educación máis dixital, con equipamento dixital en todas as aulas, desde quinto de primaria ata bacharelato.
Nesta liña, referiuse tamén aos avances nos novos modelos de coidados no fogar; á Rede dixital de emerxencias, que integra no mesmo sistema todos os colectivos de emerxencias e seguridade; ou á construción da Memoria Dixital de Galicia.
Feijoo incidiu en que o Goberno galego leva tempo comprometido co sector TIC, que concentra máis de 3.400 empresas e dá traballo a case 22.000 persoas na Comunidade. Sobre este punto, destacou tamén a importancia de eventos como a Mobile Week Coruña e insistiu no interese de Galicia por estar presente nos retos relacionados con esta materia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?