Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha nova aplicación turística galega: Destino Xurés con Cali
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha nova aplicación turística galega: Destino Xurés con Cali

Redacción
Publicado: 21/11/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

destino_xures_con_cali.jpgA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe os obxectivos e posibilidades dunha nova aplicación turística para atraer visitantes á nosa terra polo vieiro das novas tecnoloxías, e tamén para incrementar o coñecemento que temos (as galegas e os galegos) do noso. A ferramenta Destino Xurés con Cali, que permite coñecer o patrimonio e a historia da montaña do suroeste de Ourense, foi dada a coñecer no marco dunha actividade na que nenos e nenas de primaria do CEIP do Xurés aprenderon, precisamente, a empregar a nova aplicación.
O proxecto inclúe unha ruta cultural interactiva guiada pola personaxe en 3D chamada Cali. Pódese acceder a este itinerario a través da aplicación móbil que pon en valor os principais atractivos culturais da zona e que incorpora vídeos con realidade aumentada, contidos sonoros e imaxes 360º. Segundo fixo saber Nava Castro, os visitantes poderán visualizar a información a través do seu dispositivo móbil ou mediante os paneis interpretativos instalados en cada punto de interese. Tamén poderán planificar a súa ruta por medio da xeolocalización. A directora de Turismo engadiu que a nova ferramenta “contribúe a dar un paso máis no compromiso da Consellería de Cultura e Turismo por ofrecer un destino cada vez máis competitivo”.
A iniciativa partiu dos concellos de Lobios, Bande, Muíños e Lobeira que foron beneficiarios dunha das axudas da liña de subvencións que convoca anualmente Cultura e Turismo para a mellora da sinalización e accesibilidade turística e das que este ano se outorgaron máis de 160. Nava Castro lembrou tamén que a Xunta achegou neste caso máis de 32.000 euros para o Plan de ordenación e accesibilidade dos bens de interese cultural e turístico do Xurés, “que permitiu o deseño do itinerario, a colocación dos sinais identificativos e a posta en marcha da guía interactiva”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?