Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até cen persoas desempregadas participarán nas cinco novas lanzadeiras galegas de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até cen persoas desempregadas participarán nas cinco novas lanzadeiras galegas de Telefónica

Redacción
Publicado: 23/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

As participantes da lanzadeira de Santiago
As participantes da lanzadeira de Santiago
A Fundación Telefónica, A Fundación María A Real e a Xunta están a presentar as vindeiras Lanzadeiras de Emprego galegas: palestras formativas onde persoas de todas as idades adquiren recursos e competencias (moitas delas tecnolóxicas) para abrirse camiño no mercado laboral. Segundo fan saber as entidades, as cinco novas lanzadeiras (A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Santiago) contarán con cen participantes. Serán 68 mulleres e 32 homes, con idades comprendidas entre os 22 e os 60 anos e cos máis variados perfís formativos previos.
Igual de variados son os seus intereses para participar na iniciativa de Telefónica: hai quen busca o seu primeiro traballo e quen busca unha oportunidade tras quedar en paro tras anos de experiencia en diferentes sectores, como informática, sanidade, administración, comunicación, gandaría, medio ambiente, enerxías renovables, turismo, comercio, hostalaría, educación, enxeñaría ou arquitectura, entre outros.
Os técnicos da Fundación Santa María a Real que realizaron o proceso de selección en cada cidade e que xestionarán o programa durante os próximos meses explican que cada lanzadeira está integrada por “un grupo heteroxéneo”, con experiencias moi variadas, cuxo labor agora é formar equipo e compartir un mesmo obxectivo: “axudarse mutuamente para mellorar as súas habilidades profesionais, emprender unha procura de traballo máis proactiva e coordinada, para contar con novas oportunidades laborais”.
O equipo da lanzadeira da Coruña
O equipo da lanzadeira da Coruña
A partir de agora, os participantes reuniranse varios días á semana e levarán a cabo accións diversas para mellorar a súa empregabilidade: sesións de intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas; elaboración de mapas de para a procura de traballo, visitas a empresas e encontros con responsables de recursos humanos co obxectivo de conseguir a inserción do vinte participantes.
Este cinco novas lanzadeiras que comezaron a funcionar súmanse ás 15 que funcionaron nos anos 2016 e 2017 en Galicia, con preto de 400 participantes, dos cales o 60% modificou a súa situación laboral: atopando traballo por conta allea, por conta propia ou desenvolvendo certificados de profesionais con prácticas laborais posteriores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?