Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O GTI da UVigo, elixido pola UE para dar forma a un proxecto 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O GTI da UVigo, elixido pola UE para dar forma a un proxecto 5G

Redacción
Publicado: 23/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_gti.jpgO Grupo GTI da Universidade de Vigo vén de ser seleccionado pola Unión Europea para desenvolver un proxecto abeirado a unha das tecnoloxías chamadas a revolucionar o mundo das comunicacións tal e como o coñecemos: a tecnoloxía 5G. Trátase do proxecto FastFlow 5G, elixido para a primeira chamada aberta de propostas para ORCA, financiado pola Unión Europea (ao abeiro do programa H2020) co obxectivo de converternos en líderes mundiais da quinta xeración de tecnoloxías de telefonía móbil. Como está previsto superar este reto? Pois, por exemplo, facendo realidade as ferramentas que posibilitarán a transmisión de vídeo de ultra definición ou conectar millóns de dispositivos (Internet das Cousas).
O proxecto FastFlow5G do Grupo de Tecnoloxías da Información do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (AtlantTIC) da Universidade de Vigo foi reclamado para a categoría Excelencia Científica, o que lles permitirá aos investigadores vigueses poñer en valor unha parte dos resultados máis recentes do seu traballo no ámbito das comunicacións 5G, concretamente os referidos a tecnoloxías de virtualización dos núcleos de rede ou o control de tráfico, entre outras liñas de desenvolvemento.
Polo que se refire a ORCA, busca que os investigadores académicos e industriais leven os escenarios de probas ata os límites e que creen experimentos complexos que logren que a tecnoloxía avance ata acadar os obxectivos marcados para as redes 5G.
FastFlow5G, segundo explican os seus desenvolvedores, é un proxecto que estuda como se pode reducir a latencia extremo-a-extremo dun fluxo de datos en tempo real. Grazas a isto, engaden, será posible realizar tarefas de control remoto a través de redes celulares, por exemplo de drones e robots industriais, ou poderanse crear aplicacións de realidade virtual ou aumentada que funcionen sobre terminais móbiles moi sinxelos. No proxecto participa Felipe Gil-Castiñeira xunto aos tamén investigadores de GTI David Candal, Pablo Fondo, Francisco Javier González Castaño, Carlos Pérez, Juan García e Rubén Pérez Vaz.
Para acadar o seu obxectivo, FastFlow5G desprega nos bancos de probas (testbeds) de ORCA un sistema completo e funcional de comunicación 4G/5G. Unha das súas principais características é que, no caso de detectarse que a latencia que proporciona o sistema é demasiado alta para a aplicación que está utilizando a rede, móvense os elementos necesarios do núcleo de rede ao extremo da mesma, “sen que as e os usuarios se decaten, nin teñan que realizar ningunha acción específica”, explican.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?