Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense, recoñecida en Madrid polo seu proxecto de provincia smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense, recoñecida en Madrid polo seu proxecto de provincia smart

Redacción
Publicado: 28/11/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_ourense_provincial_dixital_premio_ciudadanos.jpgA Deputación de Ourense vén de obter un recoñecemento ao seu labor no plano da dixitalización das administracións (a provincial e, en última instancia, as dos concellos ourensáns). O galardón veu dado polo proxecto Provincia Intelixente, e foille concedido pola Asociación Ciudadanos na 22 edición dos premios do mesmo nome, ao abeiro da categoría Cidades e Territorios Intelixentes. O premio recolleuno onte o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, no salón de actos da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e Axenda Dixital, en Madrid.
Segundo enxalzou o xurado dos galardóns, o proxecto smart da entidade galega diríxese a convertela en “Concello dos Concellos”, poñendo en xogo unha xestión da información dos municipios desde un punto de vista único e con tres obxectivos: cooperación, optimización de recursos e redución de custes. Ademais, outro dos obxectivos salientados foi a vontade de “diálogo e de creación de interfaces válidas e dinámicas entre o público e o privado”.
Jorge Pumar, quen agradeceu o premio á asociación, fixo saber que a iniciativa distinguida é un dos alicerces do Plan de Mandato Ourense 15-19, e, segundo engadiu, desenvólvese en tres liñas principais: a eAdministración provincial, a intelixencia de información provincial e a toma de decisións intelixentes. Asemade, salientou que o proxecto favorece a creación dun ecosistema inversor de grandes compañías referenciais e de pequenos inversores que desenvolvan produtos entorno ao concepto smart.
Así mesmo, o vicepresidente segundo lembrou que para o cumprimento do plan, a institución provincial facilita aos concellos unha serie de servizos como portais web, desenvolvemento de páxinas de transparencia, sistemas de eAdministración, o xeoportal EIEL ou a integración de servizos de telefonía, entre outros recursos.
A Deputación de Ourense compartiu galardón con outras entidades do ámbito privado como, por exemplo, Samsung, premiada polo proxecto Samsung Smart School; Novartis, pola estratexia de Comunicación en Saúde coa cidadanía; Janssen, polo seu compromiso nas melloras no acceso aos medicamentos e a Universidade Europea de Madrid, así como outras institucións públicas como as deputacións de Palencia, Huelva e Cádiz, entre outras entidades públicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?