Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ágora da Coruña acollerá un obradoiro de mapeo de innovación veciñal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ágora da Coruña acollerá un obradoiro de mapeo de innovación veciñal

Redacción
Publicado: 30/11/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

centro_agora.jpgO Centro Ágora será en decembro unha cita para os seareiros e profesionais das ferramentas tecnolóxicas que conflúen e interactúan co social, o xeográfico, o participativo e o cartográfico. Estamos a falar do obradoiro Mapeo, cartografía de colectivos e iniciativas cidadás, que se celebra os días 14 e 15 no devandito centro coruñés. Trátase, en palabras do Concello, dun taller de balde e aberto que busca poñer no mapa (e nos móbiles) e mostrar as iniciativas de innovación impulsadas a día de hoxe pola veciñanza do termo municipal.
O taller, promovido polo proxecto Innovación Ciudadana da Secretaría General Iberoamericana, conta co apoio da Concellería de Participación e Innovación Democrática a través do Laboratorio Cidadán da Coruña. Segundo explicou a concelleira Claudia Delso, a actividade prosegue a amplía a liña de traballo do Co-Lab, o laboratorio cidadán coruñés, e pretende salientar as experiencias, espazos e iniciativas urbanas de innovación que nacen da propia acción dos residentes da Coruña.
Segundo explicou, o obradoiro tamén abordará a aplicación dos obxectivos de desenvolvemento sustentable na cidade a través das propostas veciñais. Isto farase tanto no plano analóxico (mediante o taller de mapeo) e no dixital (incluíndo os proxectos na plataforma interactiva CIVICS, que pretende xerar unha cartografía global destas prácticas para artellar colaboracións internacionais e que acubilla xa máis de 4.000 accións sociais localizadas en 30 concellos de toda Iberoamérica).
O Taller de Mapeo desenvolverase na tarde do venres 14, de 16.00 a 20.00 horas, e o sábado 15 de 10.00 a 14.00 horas. Para máis información e inscricións, pódese visitar a web de Innovación Ciudadana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?