Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os videoxogos tamén terán cabida en XuvenLugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os videoxogos tamén terán cabida en XuvenLugo

Redacción
Publicado: 03/12/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xuvenlugo_presentacion.jpgEsta semana, o mércores, abre as súas portas o salón XuvenLugo, sen dúbida unha das actividades estrela deste Nadal para a rapazada e as súas familias. E por que motivo? Pois, en primeiro lugar, porque o programa de accións e recantos de lecer é tan extenso, que practicamente non quedará ámbito de actividades por cubrir. Mesmo haberá un recanto para os videoxogos e a temática dixital. Segundo fixo saber a organización (Deputación, Concello e Pazo de Feiras e Congresos), a previsión este ano é a de conseguir a asistencia de 20.000 persoas.
Sen dúbida un dos puntos fortes da cita é as posibilidades de conciliación laboral e familiar que pon en xogo XuvenLugo, achegando aos pequenos un espazo de divertimento, formación e lecer mentres a vida laboral de nais e pais prosegue.
O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, presentaron este luns a programación para esta nova edición, que terá lugar do 5 de decembro ao 7 de xaneiro en dous pavillóns e un corredor do Pazo de Feiras e Congresos. Ao acto tamén asistiu un representante de Caixabank, patrocinador da cita.
Santos Ramos subliñou o carácter educativo e lúdico de XuvenLugo, “un espazo no que pode convivir e participar toda a familia”; así como o éxito que vai gañado ano tras ano o acontecemento, con máis de 15.000 visitantes a pasada edición e agardando este ano a visita de 20.000 persoas.
XuvenLugo, que conta cunha colaboración conxunta de 15.000 euros da entidade local e provincial, abrirá as súas portas en xornada de tarde, de 16:30 horas a 20:30 horas, nas seguintes datas: do 5 ao 9 de decembro, do 14 ao 16 de decembro; do 21 ao 23 de decembro; do 25 ao 30 de decembro; do 1 ao 4 de xaneiro de 2018; e 6 e 7 de xaneiro de 2018; con prezos atractivos.
Amais dunha manchea de actividades e recantos relacionados cos xogos tradicionais, acubillará un espazo adicado ao lecer dixital. Estará situado na Área Lúdica e consistirá nunha zona de xogos recreativos no que, segundo apuntaron os organizadores, as rapazas e rapaces participantes terán a oportunidade de converterse en protagonistas de videoxogos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?