Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Praza.gal lanza en decembro nova feitura e nova revista dixital: Vinte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Praza.gal lanza en decembro nova feitura e nova revista dixital: Vinte

Redacción
Publicado: 03/12/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

praza_vinte.jpgPraza.gal, o xornal dixital galego, está a preparar importantes novidades logo de sete anos de intenso percorrido redeiro, tanto en materia de feitura externa (redeseño integral) coma no fondo (máis contidos, máis canles de seu). En termos máis concretos, a nova vida do medio galego chega da man de Vinte, a nova revista online de sociedade, cultura e tendencias asociada a Praza.gal. A chegada desta publicación, e máis da andaina renovada de Praza Pública, están previstas para o vindeiro 11 de decembro.
Os detalles principais sobre estas iniciativas foron presentados polo director de Praza.gal, David Lombao, e a directora de Vinte, María Yáñez, que explicaron que haberá “mudanzas no deseño, pero tamén melloras técnicas que facilitarán o traballo da redacción e mais a experiencia da audiencia”. Nesta liña insírense os esforzos para adaptar plenamente Praza.gal aos dispositivos móbiles, “un dos vieiros fundamentais de acceso ao xornal que experimentou unha gran evolución dende o ano 2012”.
Outra das grandes novidades ten que ver coa participación das lectoras e dos lectores que máis se teñan implicado no afianzamento de Praza Pública: “Contarase cun espazo para as persoas que co seu apoio nos axudan que o xornal se consolide e medre. Poderán acceder a adiantos informativos, contidos exclusivos e novas vantaxes que ata agora tecnicamente era difícil para nós poder ofrecer”, explicaron.
Respecto de Vinte, será unha revista “para público novo con contidos multimedia sobre temas de sociedade, cultura e tendencias”. María Yáñez engadiu que se tratará dun recanto “desde o que retratar e proxectar a Galicia dos anos vinte”, cunha “forte aposta polos contidos audiovisuais, polas novas linguaxes e pola distribución nas redes sociais”. Será unha plataforma onde a maior parte dos contidos ofreceranse de balde, pero que tamén contará cunha vertente de pago, coa posibilidade de recibirmos contidos exclusivos e outras vantaxes, a partir de 5€ mensuais.
O equipo de Vinte fórmano María Yáñez e Matías Tarrío na redacción, cun consello editorial no que participan Carlos Pereiro Carlangas, Lucía Aldao, Belén Regueira, Noa Cid, Cibrán Tenreiro e Tamara de la Fuente. A realización audiovisual está a cargo de Miramemira, coa colaboración de Xavi Font na identidade sonora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?