Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Fabrica Intelixente pretende mobilizar preto de 31,3 millóns de euros para potenciar a Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

O programa Fabrica Intelixente pretende mobilizar preto de 31,3 millóns de euros para potenciar a Industria 4.0

Redacción
Publicado: 11/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

programa_fabrica_intelixente.jpgA Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria da terceira edición do programa Fábrica Intelixente, dotada con 12,7 millóns de euros e coa que se prevé mobilizar preto de 31,3 millóns, para apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia.
Na convocatoria, que vai en liña co reto 2 da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e a Axenda Industria 4.0, establécense dous prazos de presentación de solicitudes: un ata o 8 de marzo e outro ata o 31 de xullo de 2019.
Os destinatarios destas axudas son grandes empresas e PEME e organismos de investigación que conten con centro de traballo permanente en Galicia. Recóllense dúas modalidades de participación: individual ou en cooperación, aínda que os organismos de investigación só poderán participar se colaboran cunha empresa. Financiaranse proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en materia de organización e de procesos, con axudas de ata o 80% dependendo do tipo de proxecto e de empresa.
Entre as principais novidades desta edición destaca a redución do orzamento mínimo dos proxectos (de 4 a 2 millóns de euros) para permitir unha maior participación das PEME. Ademais, auméntase o prazo de execución (de 2 a 3 anualidades). Outros requisitos esixibles para acceder á convocatoria son: ter un orzamento mínimo de 2 e máximo de 10 millóns de euros; unha duración mínima de 3 anualidades e máxima ata o 30 de xuño de 2022; ser estratéxicos e ter un efecto incentivador; e facer un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras esenciais.
O programa de Fábrica Intelixente complementa outros apoios postos en marcha pola Xunta co obxectivo de mobilizar investimento privado e dar resposta aos retos de futuro a través de alianzas estratéxicas con empresas líderes como as Unidades Mixtas de Investigación ou a Civil UAVs Initiative.
Na primeira edición desta convocatoria aprobáronse proxectos liderados por PSA e Televés, mentres que a través da segunda convocatoria apoiáronse as iniciativas lideradas por Finsa, Cupa e Copo. En total, entre as tres convocatorias mobilizaranse máis de 213 millóns de euros en proxectos innovadores que adaptarán as fábricas galegas á Industria 4.0, mellorando así a súa competitividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?