Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsa a transformación do tecido produtivo galego a través do programa Fábrica Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A Xunta impulsa a transformación do tecido produtivo galego a través do programa Fábrica Intelixente

Redacción
Publicado: 19/02/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fabrica_intelixente_dzybq8ewkai6enl.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) acolleu esta mañá unha xornada de presentación da terceira edición da convocatoria do programa de Fábrica Intelixente, que ten aberto o primeiro prazo de solicitude ata o vindeiro 8 de marzo. No taller expúxose a experiencia da empresa Cupa Innovación, beneficiaria desta orde na convocatoria do ano 2018, e presentáronse as principais características da liña de axudas.
No peche, a directora de GAIN, Patricia Argerey, apuntou que Galicia conta con grandes capacidades en sectores tractores da economía como a automoción e o téxtil, e que se están creando novos sectores como o aeroespacial e potenciando sectores altamente tecnolóxicos como a biotecnoloxía. Subliñou tamén que se fai preciso poñer en marcha medidas que fomenten a transformación do tecido produtivo cara modelos de negocio baseados na innovación e na tecnoloxía para ser competitivos nun mercado cada vez máis globalizado. Neste senso, Patricia Argerey subliñou que as tecnoloxías facilitadoras esenciais e a Fábrica do Futuro son clave.
Para apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia lanzouse esta convocatoria que, nesta edición, está dotada con 12,7 millóns de euros e coa que se espera mobilizar preto de 31,3 millóns de euros. As principais novidades de 2019 perseguen fomentar a participación das PEME: redución do orzamento mínimo dos proxectos de 4 a 2 millóns de euros; aumento do prazo de execución dos proxectos de 3 a 4 anualidades; e establecemento de dúas datas de corte ao longo do ano para adaptarse mellor aos tempos das empresas; entre outras.
Mantéñense dúas características fundamentais dos proxectos: que deben ser estratéxicos para Galicia, producindo un efecto tractor nos ámbitos máis destacados da economía galega; e facer un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras para obter procesos e produtos de alto valor engadido.
fabrica_intelixente_dzybokdxqae5ycu.jpgArgerey destacou que este programa se inscribe na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) que ten como un dos retos prioritarios aumentar a intensidade tecnolóxica da industria galega para avanzar cara un novo modelo industrial baseado na innovación e na Axenda Industria 4.0.
Os destinatarios destas axudas son empresas de calquera tamaño capaces de liderar proxectos de I+D+i de carácter estratéxico e organismos de investigación en colaboración con empresas, ambos con centro de traballo permanente en Galicia. O tipo de proxectos financiables son proxectos de I+D individuais ou en colaboración entre varias empresas que pertenzan ao mesmo grupo e organismos de investigación e proxectos de innovación en materia de procesos ou organización, individuais ou en cooperación entre empresas como máximo de dous grupos empresariais sendo unha delas unha PEME. A intensidade das axudas poderá chegar ata o 80%, dependendo do tipo de proxecto e de empresa.
Outros requisitos esixibles para acceder á convocatoria son: ter un orzamento mínimo de 2 e máximo de 10 millóns de euros; unha duración mínima de 3 anualidades e máxima ata o 30 de xuño de 2022; ser estratéxicos e ter un efecto incentivador; e facer un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras esenciais. Establécense dous prazos de presentación de solicitudes: ata o 8 de marzo e ata o 31 de xullo de 2019.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?